Un grupo de críticos de Podemos Galicia presenta este mércores manifestos en contra de ir á asemblea das mareas

Un grupo de críticos de Podemos Galicia presentará este mércores dous manifestos en contra de ir á asemblea que impulsan os alcaldes das mareas para este sábado día 30 en Vigo, un posicionamento que defenderán na asemblea que previamente terá a formación morada o venres 29 e que fixará postura a este respecto.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2016 | Actualizada ás 07:19 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un grupo de críticos de Podemos Galicia presentará este mércores dous manifestos en contra de ir á asemblea que impulsan os alcaldes das mareas para este sábado día 30 en Vigo, un posicionamento que defenderán na asemblea que previamente terá a formación morada o venres 29 e que fixará postura a este respecto.

Serán os inscritos de Podemos Galicia que pertencen á corrente Xuntos Podemos, unha "ampla" --segundo explican-- maioría dos inscritos de Ferrol (onde goberna Ferrol en común en coalición co PSOE), e secretarios xerais dunha decena de localidades.

"Tras as últimas manifestacións dunha parte do consello cidadán autonómico e tras o documento aprobado por este órgano de Podemos Galicia en relación á participación do noso partido (na asemblea do sábado), vémonos obrigados a saír ao paso da postura desta parte da dirección autonómica e expresar a posición e sentir dunha maioría das bases do partido", aseguran como información previa á rolda de prensa que darán este mércores.

Unha maioría do Consello Cidadán Autonómico (os integrantes que formaron parte da lista rival á actual secretaria xeral e tamén conselleiros da lista de Carmen Santos) votaron a favor do manifesto promovido polos alcaldes e que desembocará na asemblea do sábado.

O venres, Podemos Galicia celebra a súa asemblea autonómica presencial na que se debaterá sobre as opcións de como concorrer ás eleccións autonómicas, sen na confluencia de En Marea ou en solitario, e sobre a participación na asemblea do sábado da secretaria xeral, Carmen Santos.

O que non será vinculante, aínda que será unha primeira inclinación da balanza, é a votación sobre a fórmula de concorrencia, xa que haberá unha posterior votación telemática á que estará chamada toda a asemblea cidadá.

Entre os secretario municipais críticos con acudir ás urnas no espazo que se formula, atópanse Arzúa, Ames, Valdoviño, Cerceda, Neda, Viveiro, Marin, Culleredo, Verin, e Baiona.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta