Santiago quere que os nenos recuperen os xogos tradicionais galegos

Está aberto a nenos de entre 6 e 12 anos (cun límite de 20 persoas), os cales se deberán inscribir de forma gratuíta cada día laborable de agosto.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/07/2016 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

O programa do Concello de Santiago 'Despois de merendar... a rúa é nosa!' fomentará durante as tardes laborais de agosto "recuperar" as rúas como espazo lúdico para os xogos dos nenos, xa que é "algo que se está a perder".

Presentación do programa de impulso dos xogos tradicionais 'Despois de merendar... a rúa é nosa!' en Santiago
Presentación do programa de impulso dos xogos tradicionais 'Despois de merendar... a rúa é nosa!' en Santiago

Así o explicaron as monitoras de Xandobela Nerea Couselo e Chus Caramés nunha rolda de prensa para presentar esta iniciativa xunto ao alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e á técnica de Lingua Marta Besada, na que se explicou que con estes xogos se apostará tamén por que os nenos se socialicen en galego.

Este programa está aberto a nenos de entre 6 e 12 anos (cun límite de 20 persoas), os cales se deberán inscribir de forma gratuíta cada día laborable de agosto na Praza de Abastos ás 18,30 horas para participar, nunha xornada de xogos que durará dúas horas cada día.

Deste modo, as actividades que lles esperan aos máis pequenos serán xogos tradicionais como as chapas, mentres coñecen diversos lugares ao aire libre da cidade (rúas, prazas e parques), interactuar cos veciños e aprenden vocabulario en galego relacionado co ámbito e a toponimia. Ademais, prevese realizar dúas xornadas especiais con yincanas e retos cara a final do mes.

Ao respecto, Martiño Noriega reflexionou sobre a importancia desta iniciativa nun tempo no que xogar na rúa "xa non forma parte dos hábitos" da maioría dos nenos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

8 Achoapps

Desde achoapps os apoyamos!

7 Juancho

E/ste tema me recuerda ya al de cataluña con el adoctrinamiento. Recomiendo Descargar Tutuapp para estas cosas.

6 Damian

No puede ser asi, siempre que se pueda descargar genopro estas cosas no pasara.

5 Caucho Sino

No entiendo el problema del adoctrinamiento de esta gente pero bueno, algunos descargar megadownloader y cosas de estas pero bueno.

4 Pokemon

Qué manía con intentar adoctrinar a los críos en los colegios. No aprendemos. Hoy en día los críos prefieren juegos tipo Pokemon, y por mucho que los apoucados indepes intenten meterles por los ojos sus comeduras de cabeza, no van a funcionar.