A Xunta remite a concellos en Rede Natura os usos permitidos en terreos de actividade agropecuaria

A Xunta remitiu a distintos municipios a relación de usos permitidos en terreos de actividade agropecuaria situados en zonas da Rede Natura 2000, entre os que se permiten actividades de carácter tradicional compatibles coa protección do espazo natural.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2016 | Actualizada ás 20:06 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta remitiu a distintos municipios a relación de usos permitidos en terreos de actividade agropecuaria situados en zonas da Rede Natura 2000, entre os que se permiten actividades de carácter tradicional compatibles coa protección do espazo natural.

Ademais, permítense os usos non incluídos nos grupos de actividades prohibidas ou suxeitas a autorización nin recollidos na normativa específica contida no plan director da Rede Natura 2000, segundo sinalou a Consellería do Medio Rural nun comunicado.

Os usos permitidos non requirirán autorización do órgano autonómico competente en materia de conservación da natureza, sen prexuízo do resto de autorizacións sectoriais.

En concreto, permitiranse a rexeneración e o mantemento de terreos dedicados ao uso agrícola ou gandeiro, o aproveitamento das producións agrícolas e gandeiras e a aradura de terreos agrícolas ou gandeiros abandonados dende hai menos de 10 anos ou despois de que rematase un procedemento de concentración.

Tamén se permitirán os tratamentos silvícolas en masas poboadas de eucaliptos e piñeiros cunha fracción de cabida cuberta superior ao 50 por cento e o mantemento e mellora das infraestruturas preexistentes, como pistas, camiños e puntos de vixilancia contra incendios. Ademais, poderanse manter redes de zonas de control de biomasa e mellorar ou manter pastos existentes, así como limpar breixos secos, sempre que non impliquen a destrución do hábitat.

REFORESTACIÓNS

As reforestacións estarán permitidas se se recollen en proxectos de ordenación, documentos simples de xestión ou documentos compartidos de xestión. En todo caso respectaranse as prohibicións e autorizacións contempladas sobre o particular na Lei de Montes de Galicia.

Así mesmo, permitirase realizar aproveitamentos madeireiros e leñosos en parcelas arboladas de eucalipto ou piñeiro, se están planificados, e doutros aproveitamentos forestais non madeireiros e levados a cabo de acordo coa Lei de Montes e a súa normativa de desenvolvemento. Ademais, entre as actividades permitidas inclúense o aproveitamento de pastos, a caza, os aproveitamentos micológicos ou de plantas aromáticas e froitos, agás cando afecten a especies de interese para a conservación.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta