Profesores da USC editan un libro interactivo que explica as enfermidades infecciosas mediante obras de arte

Tres profesores do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) editaron unha obra interactiva que explica as enfermidades infecciosas mediante unhas cen obras de arte.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2016 | Actualizada ás 20:11 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Tres profesores do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) editaron unha obra interactiva que explica as enfermidades infecciosas mediante unhas cen obras de arte.

Deste modo, o compendio 'Infect-arte: aprende as enfermidades infecciosas a través da Arte' busca combinar "dous mundos independentes" e reivindicar a presenza da microbioloxía na vida diaria, segundo indicou a universidade compostelana nun comunicado.

Así, a obra editada polos docentes Ángeles Muñoz, Isabel Santos e Rafael Seoane permitirá aos estudantes da rama de ciencias da saúde "aproximarse á arte ao recoñecer as enfermidades infecciosas plasmadas" por artistas ao longo dos anos.

Respecto ás enfermidades plasmadas nas obras de arte, os docentes sinalaron a importancia a peste e a lepra debido ao seu protagonismo na época, na que "eran enfermidades estigmatizantes que non se sabían afrontar". Ademais, destacaron que, en moitos casos, a súa representación aparece relacionada cunha iconografía relixiosa debido a que a relixión "xogaba un papel importante" nos procesos de curación".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta