Un neno ten que ser rescatado cando se afogaba nunha piscina dun campamento urbano de Lalín (Pontevedra)

Un neno de sete anos tivo que ser rescatado dunha piscina en Lalín (Pontevedra) cando se estaba a afogar, segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencias 112.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2016 | Actualizada ás 20:18 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un neno de sete anos tivo que ser rescatado dunha piscina en Lalín (Pontevedra) cando se estaba a afogar, segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencias 112.

O menor participaba nun campamento urbano da localidade pontevedresa. Arredor das 12.30 horas da mañá, o 112 recibiu o aviso de parte dunha das monitoras pedindo axuda.

Ata o lugar desprazouse o helicoptero medicalizado con base en Santiago, que trasladou ao neno ata o Hospital Clínico de Santiago. Ademais, tamén participaron no rescate membros do GES de Lalín, a Policía Local e Protección Civil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta