Rural.- Controlado o incendio de Santiago, que afecta xa a máis de 45 hectáreas

A Consellería de Medio Rural informou que o incendio que dende a madrugada do mércores afecta á parroquia de Santa Cristina de Fecha, en Santiago, foi controlado.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2016 | Actualizada ás 20:22 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural informou que o incendio que dende a madrugada do mércores afecta á parroquia de Santa Cristina de Fecha, en Santiago, foi controlado.

Segundo a Xunta, deuse por controlado o lume pasadas as 18.00 horas da tarde, nun incendio que calcinou xa unha superficie de 47,19 hectáreas, das que 40 son de superficie arbolada e as restantes de monte raso.

Nas tarefas de extinción participan 14 axentes forestais, 27 brigadas, 16 motobombas, dúas pas, 6 helicópteros e dous avións.

INCENDIO DE ENTRIMO

Por outro lado, permanece estabilizado dende primeira hora da mañá o incendio rexistrado no concello ourensano de Entrimo, concretamente na parroquia de A Illa.

O lume declarouse ás 22.15 da noite do martes e afecta a 25 hectáreas. Nas tarefas de control participaron catro axentes forestais, nove brigadas, seis motobombas e un helicóptero.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta