A Cidade da Cultura acollerá a biblioteca e o arquivo persoal da poeta de Ribadeo (Lugo) Luz Pozo Garza

A Biblioteca e o Arquivo de Galicia, situados na Cidade da Cultura (CdC), albergarán a biblioteca e o arquivo persoal da poetisa e académica da lingua galega Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2016 | Actualizada ás 20:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Biblioteca e o Arquivo de Galicia, situados na Cidade da Cultura (CdC), albergarán a biblioteca e o arquivo persoal da poetisa e académica da lingua galega Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922).

Deste modo, a Cidade da Cultura comprometeuse a conservar, consultar, estudar, exhibir e difundir a colección bibliográfica e o estudio documental da autora, así como a mantelos unidos, segundo indicou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nun comunicado.

Ademais, catalogaranse todos os fondos e procederase a dixitalizar aqueles que posúan un valor patrimonial ou cultural de interese. Así, estes tamén se incorporarán á Biblioteca Dixital de Galicia (Galiciana) e, a través dela, á Bibioteca Digital Europea (Europeana).

En concreto, a cesión está conformada por uns 5.500 volumes, na súa maior parte de carácter literario ou de consulta. Ademais, contén unha ampla documentación epistolar entre Eduardo Moreiras e Vicente Aleixandre, así como exemplares da obra da escritora e recortes de prensa e información publicada en distintos medios sobre o seu legado literario. O conxunto dos fondos que compoñen a doazón estará identificado como 'Biblioteca e Arquivo Luz Pozo Garza'.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, agradeceu á escritora ribadense a súa achega nun acto que tivo lugar este mércores na Cidade da Cultura. Neste escenario, o conselleiro destacou a "altura de miras" da autora, mostrada "ao longo da súa vida".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta