A ultradereita propón cambiar o Euro polo Franco

Aproveitando o 80 aniversario do golpe de Estado contra a república, grupos de ultradereita piden o #Spainexit.

Por GcToday | España | 31/07/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Aseguran que “a inmigración nos está a roubar os nosos cabalos e montando as nosas mulleres”, e que “isto é suficiente afrenta para que España peche as súas fronteiras a toda esta xente que chega de forma indiscriminada a beneficiarse das axudas públicas do Estado español, cando eles veñen con smartphones e maletas, polo que se presupón que incluso teñen roupa variada”.

Aproveitando así a súa conmemoración do “alzamiento nacional” este grupo de fachas propón cambiar o Euro polo Franco, como “moeda máis representativa do sentir nacional de España”.

O franco, moeda usada antes do euro en Francia, e que todavía se usa en Suiza, “recorda aos españois quen somos e de onde vimos, xa está ben de tanta esquerdallada despatriotizada” afirman.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Partidarios do cambio

Creo que o afamado anticorruptor ultradereitista chamado Carlos González Armada e os seus amigos Miguel Bernad de Manos Limpias e o presidente de Ausbanc Luis Pineda secundan a moción. Arsenio Fernández de Mesa está a pensalo porque non saben se coller de novo as cadeas rompera a liña do seu traxe