Temas: PARO EMPREGO

O paro en Galicia baixa un 2,1% o segundo trimestre

En total foron 4.900 persoas menos que hai un ano, por baixo da media do Estado que foi do -4,5%.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/07/2016 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

O paro baixou en Galicia en 4.900 persoas no segundo trimestre do ano respecto ao anterior, un 2,17% menos, por baixo da media de España (-4,5%), e sitúase con 222.900 desempregados nun 17,7%, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Fileira diante dunha oficina do paro
Fileira diante dunha oficina do paro

Respecto ao mesmo trimestre de 2015, o desemprego baixa en Galicia en 29.600 persoas, o que supón un descenso un 11,7%, neste caso unha cifra mellor que o 11,1% de baixada en España. Pola súa banda, o número de ocupados en Galicia nos segundo trimestres incrementouse en 12.900 persoas respecto do tres primeiros meses do ano, un 1,26% máis.

En España, o paro baixou en 216.700 persoas no segundo trimestre do ano respecto ao trimestre anterior, o que supón un descenso relativo do 4,5%. Este recorte do desemprego é inferior aos logrados nos segundos trimestres de 2015 (-295.600 parados) e 2014 (-310.400), aínda que supera o de 2013, cando o paro baixou en 230.900 persoas.

Temas: PARO EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta