Quen difunde as crises en Podemos, as mareas, PSdeG ou BNG?

O xefe do Executivo galego di que non hai debate sobre as eleccións galegas e apunta aos xornalistas como difusores das crises no resto de partidos.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 28/07/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Aínda non hai data das eleccións galegas. Será en outubro, “no entorno do 20 de outubro”, segundo apuntou o mércores o voceiro do PP, Miguel Tellado, pero o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo segue sen aclarar cando vai ser a data exacta. Por iso, preguntado se non cre que fomenta este debate de datas para tapar outros problemas, apuntou directamente aos xornalistas.

Pablo Iglesias, Xosé Manuel Beiras e Antón Sánchez en Santiago
Pablo Iglesias, Xosé Manuel Beiras e Antón Sánchez en Santiago | Fonte: twitter en Marea

“Debates políticos hai moitos e os xeran os xornalistas, non eu... E hainos en Podemos, nas mareas, se aos de Podemos non lle gustan as mareas, os que non poden ir nas listas do PSOE, os problemas do BNG para conformar as listas...”, dixo ironicamente sen apuntar a ningún “problema” do PPdeG do que falen os grandes medios.

E é que para o presidente galego a axenda política, e falar dos problemas das distintas formacións políticas, que curiosamente son a súa oposición, é cousa dos medios, ou da política dos grandes medios do país. Obviamente, nesas crises non citou os problemas xudiciais do seu partido, nin os recortes en educación ou sanidade que algúns dos grandes medios evitan publicar.

Sobre a data das eleccións, Feijóo insistiu que non as convocou en decembro pasado, nin en maio deste ano para “non trasladar a inestabilidade do Estado a Galicia”. “Iso débollo aos galegos”, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Por iso, xustificou non ter convocado os comicios galegos coincidindo coas xerais e adiantou que tampouco o fará se hai unhas terceiras eleccións para que Galicia “non entre na mesma deriva de risco institucional que o conxunto do Estado”.

Jorquera, Vence e Lobeira nun Consello Nacional do Bloque
Jorquera, Vence e Lobeira nun Consello Nacional do Bloque | Fonte: bng.gal
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 anonimo

Precisamos políticos nacionalistas que traballen pola confluencia do nacionalismo galego e non pola confluencia co españolismo. Nunca Galiza precisou mais dun nacionalismo galego forte pq so hai que ver os datos de emigración e perdida de poboacion, a situación dos nosos sectores económicos, a situación da lingua galega, sin caixas propias, sin beneficiarnos de ser productores de enerxia, sin pintar nada no estado e no mundo, sin avanzar no autogoberno, coa sanidade publica peor ca nunca, etc. E todo isto cando podíamos ser nación, potencia económica en varios sectores, ponte cultural e economico coa lusofonia e Iberoamérica, pagar menos pola enerxia e atraer asi inversions, contar con mellores infraestructuras, contar con unha potente industria cultural en galego-portugues, etc. Unámonos todolos galegos (de esquerdas e de dereitas) nun proxecto de país para que Galiza conte no mundo.

4 ex votante de anova

Estan matan o vello, perdon o fosil da caternaria, dandolle tando disgustos os de podreiros... saben que si sae electo como xefe da podreirada, perderanse as eleccions, esta caendo muito nas enquisas, un matusalencio de 82 anos dificilmente controla calisquer cousa, dificilmente traballo nalgo, estan nas ultimas, estanse a matar entre eles, non lle van os de IZQUIERDA LA UNITARIA, o seu grandisimo mitin do parrote 80 persoas a metade paniaguada do concello de santia AGES de compoñendas "golfiño merendiño" non son tontos todos saben que existen masi posibilidades co xuiz da forca, o coa nena rosaura de podreiros, incluso presentando o estafador (RECOÑECIDO POLA UNIVERSIDADE) de monedeuros escaparon cos cartos... e echemico con xente traballadora sin seguridade social... non moitos os que teñen suxos os calzons... non e soamente o -vieiras!

1 ben nacida

tanto na homeopatía como nas farmacias hai medicinas para o figado, sen ter que cuspir tanto veleno. Cuidate chaval que un día destes morres envelenado

3 Buffffff

A liña editorial de este periódico é similar a da TDT party da dereita española, coma está o patio meu Deus.

2 O que hai que ouir

Ahí ahí foto de portada do Bloque. A culpa de quen vai ser da UPG coma sempre.

1 Comunista

E enésima entrada para encirrar esa variedade de "comentaristas" chamados trolls. Cómo se nota cando un medio dixital vive en grande medida da publicidade.

1 antiexpañol e anticomunecio

Anda cala turco-otomano, xa che gustaria a ti neniño do parrote, pechar xornais e tves, si creista algunha vez que ser o "monaguillo" do -vieias che iba a dar algun posto de mandasia na untada da malicia, xa podes ir decindo que non... o que refiren a xente que foi o miting do -Vieiras e terribel, falan dun tolomancio ido totalmente, incluso a punto de chorar diante dunha xente totalmente apatica o seu descurso, tamen houbo protestas polos 27 euros da comida ... creo que o Faimerrich e o -Vieiras Pasaronse do escote pericote... as mocidades anovadas non existen solo foi a trapallada do concello, nin podreiros nin izquierda la unitaria ...

2 Gustavo

Antipodreiro demenciado, azoute de vieiras, prófugo tolomancio do siquiátrico máis próximo, aprendiz frustrado de gracioso, inintelixible orate...sempre sumas dúas unidades a todo: 2 euros ao menu, 2 anos a Beiras. A tua tolomancia vieirística afectouche xa á zona cerebral da matemáTICA?