EPA.- Os fogares con todos os seus membros en paro en Galicia baixan en 4.500 e sitúanse en 75.700 no segundo trimestre

O número de fogares no que todos os seus membros activos están en paro en Galicia diminúe en 4.500 unidades (-5,6%) no segundo trimestre deste ano e sitúase en 75.700.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2016 | Actualizada ás 16:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O número de fogares no que todos os seus membros activos están en paro en Galicia diminúe en 4.500 unidades (-5,6%) no segundo trimestre deste ano e sitúase en 75.700.

Así figura na Enquisa de Poboación Activa (EPA) feita pública este xoves, na que se recolle que hai un descenso de 10.900 fogares con todos os seus membros en paro respecto ao mesmo trimestre de 2015 (un 12,6% menos).

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados aumenta no segundo trimestre en 7.800 unidades, un 1,4% máis.

O número de fogares con todos os seus membros activos ocupados é de 556.600. En relación co mesmo trimestre de 2015 hai 23.100 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 4,3%.

Non obstante, o número de fogares nos que non hai ningún membro activo increméntase o segundo trimestre un 0,1% ata 344.500, son 400 fogares máis.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta