Leiceaga insiste en que o proceso de elaboración de listas se está a realizar "con total normalidade"

O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, insistiu en que o proceso de elaboración de listas do PSdeG para as eleccións galegas se está a desenvolver "con total normalidade".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2016 | Actualizada ás 16:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, insistiu en que o proceso de elaboración de listas do PSdeG para as eleccións galegas se está a desenvolver "con total normalidade".

A preguntas dos medios tras un acto na localidade coruñesa de Oroso, Leiceaga repetiu ata en tres ocasións que no proceso de selección de candidaturas para as comicios de outono existe "total normalidade".

Preguntado por se sería positivo para o partido que existise unha única candidatura de consenso en Vigo --como aconteceu en Pontevedra, que non necesitou someterse a votación--, afirmou que "calquera pode propoñer un candidato e este ten que someterse ao criterio da asemblea", algo que, segundo Leiceaga, se está a levar a cabo "en tódalas partes".

Por último, o candidato evitou valorar as palabras de Gonzalo Caballero nas que afirmaba que ningún barón debería condicionar a selección das candidaturas. "Deixemos que o proceso remate", concluíu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta