Temas: EN MAREA PODEMOS

En Marea intégrase no grupo de Unidos Podemos no Congreso

Os cinco deputados da coalición galega rexistraron este xoves a súa incorporación no grupo "confederal" de Unidos Podemos-En Comú Podem, que agora engadirá ao seu nome a marca da confluencia galega. Alexandra Fernández será voceira adxunta.

Por E.P. | Madrid | 28/07/2016 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

Os cinco deputados da coalición En Marea (Anova-Podemos-EU) no Congreso rexistraron este xoves a súa incorporación no grupo "confederal" de Unidos Podemos-En Comú Podem, que agora engadirá ao seu nome a marca da confluencia galega, e sumará unha nova voceira adxunta, a deputada de Anova Alexandra Fernández, que ocupa a portavocía da coalición galega neste período de sesións.

Deputados de En Marea no Congreso
Deputados de En Marea no Congreso | Fonte: Europa Press.

Segundo explicou Fernández en rolda de prensa no Congreso, En Marea tomou esta decisión ao entender que a súa incorporación no grupo confederal que lidera o secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, é a mellor forma para garantir a voz e a visibilidade do seu proxecto, despois de que a súa proposta para formar grupo propio fose rexeitada pola Mesa do Congreso.

A outra opción era integrarse no Grupo Mixto, como van facer os deputados de Compromís que tamén viron rexeitada a petición de grupo propio que presentaron xunto aos seus compañeiros da confluencia A la Valenciana --na que tamén se integra Podemos e EUPV--.

AUTONOMÍA DE VOTO

Os cinco deputados galegos que agora se integran no grupo renomeado como Unidos Podemos-En Comú Podem-Podem-En Marea asinaron un acordo que recolle, segundo asegurou Fernández, "unha carta cos dereitos" que a Mesa lles negou.

Entre eles está o de poder asistir á Xunta de Voceiros —a través da Portavocía adxunta que ostentará Fernández— e o de contar con tempo de intervención nos grandes debates, que ao igual que a anterior lexislatura, dependerá da repartición proporcional que fagan cos representantes do resto de forzas integradas no grupo confederal.

Fernández tamén defendeu que este acordo tamén pasa por manter a súa autonomía de voto para posicionarse de forma distinta a Unidos Podemos nos casos nos que o consideren necesario, e por xestionar a axenda política que teña que ver coa realidade galega.

IRÁN ATA O CONSTITUCIONAL

Á marxe de integrarse no grupo confederal, En Marea decidiu seguir adiante coa súa petición de grupo propio e recorreu no Congreso a decisión da Mesa de negarllo. De feito, mantén a súa "convicción" de chegar ata o Tribunal Constitucional se o órgano de goberno do Congreso volve rexeitar a súa demanda.

Coa incorporación dos cincos deputados de En Marea e dos cinco da coalición Á Valenciana que non pertencen a Compromís (catro de Podemos e un de EUPV-IU), o grupo confederal de Unidos Podemos-Podemos-En Comú Podem-Podem-En Marea, que ten a Pablo Iglesias como presidente e a Iñigo Errejón como voceiro, sumará 67 membros.

Temas: EN MAREA PODEMOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

9 anonimo

Nin grupo parlamentario propio, nin marchan ao grupo mixto (sobre todo indigna que non o faga a xente de Anova). Xa vale de rirse dos votantes!. Eu agardo que nas próximas eleccions se faga un voto masivo ao BNG por ser un partido claramente nacionalista e que sempre defendeu os intereses dos galegos en Galiza, no estado e na UE. Sempre que un colectivo galego precisou reivindicar algo (sectores economicos galegos, colectivos de victimas de algo, etc) o BNG sempre estivo ahi para escoitalos, darlles voz e defendelos. Merecen o voto de todolos galegos por coherencia e por defender os intereses de todos.

8 Delft

É o que ten aliarse electoralmente co nacionalismo español e non presentarse plenamente independentes. Acaso o PP coalígase con Podemos para as eleccións? Inventos podemistas...

7 LKI

E os deputados do BeNeGá en que grupo se integran?

1 Orgullosos

Iso é o importante, cada dia estou máis orgulloso do meu voto e de nom compartir nada con xente que está máis preocupada de afundir o nacionalismo que de mellorar o país.

2 LKI

Afundir o nacionalismo? Será o BeNeGá, que non é o mesmo. Pero o BeNeGá afúndese el soíño pola incompetencia dos seus líderes e o seguidismo manso das bases. Non busquedes culpábeis fóra, que iso é moi covarde.

3 Comunista

Os coroneis levan 50 anos botando man das "causas exóxenas" para non render contas da súa mediocre incapacidade. Buscar culpábeis fóra é a esencia de toda relixión ou secta. O mal sempre é externo. As bases blocallas non son mansas, todo o contrario. As bases están abducidas pola Secta Zarzueliana del Sétimo Pufo na procura da Liberación (Sindical) coma os que seguían a Manson, Houteff ou Asahara. Até o suicidio ritual, que será enchendo a Quintana de Mortos.

4 Orgullosos

O dito cada dia máis orgulloso de non compartir nada con vós, que soio mirades a palla no ollo do outro e cacarexedes unha e outra vez as mesmas tonterías veñan ou non a conto na noticia, as bases do nacionalismo galego están ben claras, é un orgullo ver a militantes loitar e loitar en cada vila cada vez que hai eleccións contra o caciquismo do PP, e sempre con paus nas rodas, vos seguide coas vosas teimas que nos seguiremos loitando, se algo nos parece mal trataremos de mudalo de maneira asamblearia de verdade e ainda que non teñamos respaldo electoral,non ten que vir ninguén de fora a ensinarnos nada, "orgullosos do noso"

6 Ted Flanders

Agachad la cervid mansos!! que el Imperio no acepta salvajes!!!

5 Luguês

Ainda estades a tempo de deixar podemos e irvos ao Grupo Mixto antes das Galegas. Que faredes cando Podemos vaia só ás autonómicas?