Feijóo ve unha "broma continuada" que os rivais de Rajoy digan que debe "ir á investidura" pero que non o apoiarán

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, criticou este venres a "broma continuada" dos rivais políticos do titular do Goberno central en funcións, Mariano Rajoy, que digan que este debe "ir á investidura" ao tempo que insisten en que "nunca" o apoiarán.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2016 | Actualizada ás 13:42 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, criticou este venres a "broma continuada" dos rivais políticos do titular do Goberno central en funcións, Mariano Rajoy, que digan que este debe "ir á investidura" ao tempo que insisten en que "nunca" o apoiarán.

Así o manifestou, a preguntas dos medios con motivo da súa presenza nun acto no Parlamento de Galicia, en relación á postura de Rajoy de aceptar o encargo de tratar de formar Goberno pero sen data para a investidura.

"O candidato Rajoy aceptou a proposta do xefe de Estado, a data da investudura correspóndelle sinalala á presidenta do Congreso", aclarou, non obstante, o mandatario autonómico. Ao respecto, considera que "as cousas empezan a rodar, empezan a moverse".

"O presidente onte (xoves) reiterou a súa vontade de formar Goberno e que España teña un Goberno e que España non teña que ir a un terceiro fracaso democrático, que serían unhas terceiras eleccións", manifestou Feijóo.

Neste sentido, afirmou que o líder do PP "o dixo dunha forma clara e nítida". "O presidente Rajoy quere formar Goberno porque é o candidato con máis votos, con máis apoios electorais e correspóndelle intentar formar Goberno", subliñou.

"UN POUCO FARTOS"

"O que non pode garantir é formar ese Goberno porque todos os responsables doutros partido foron a Zarzuela a dicir que, en ningún caso, apoiarán ao candidato Rajoy para formar Goberno", puntualizou o titular da Xunta.

Con todo, criticou esta "certa contradición", que riscou de "broma continuada", porque "todo o mundo di que Rajoy ten que ir á investidura e todo o mundo di que nunca apoiará a Rajoy na investidura". "Creo que este tipo de bromas os cidadáns españois estamos un pouco fartos", concluíu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta