Rueda insiste en que as eleccións galegas "serán en outubro" aínda que Euskadi adiante as súas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu este venres en Ourense en que as eleccións galegas "serán en outubro" tras ser preguntado pola posibilidade dun cambio de data para facelas coincidir coas eleccións vascas, para as que o lehendakari baralla o 25 de setembro.

OURENSE | 29/07/2016 | Actualizada ás 13:43 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu este venres en Ourense en que as eleccións galegas "serán en outubro" tras ser preguntado pola posibilidade dun cambio de data para facelas coincidir coas eleccións vascas, para as que o lehendakari baralla o 25 de setembro.

A preguntas dos medios sobre qué día serán as eleccións galegas, Rueda manifestou que este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "xa delimitou bastante a data sinalando que ían ser no mes de outubro".

Ante a posibilidade dun cambio de data no caso de que o lehendakari Íñigo Urkullu anuncie este venres un adianto das eleccións vascas ao 25 de setembro ou ao 2 de outubro, Rueda recordou que por parte da Xunta "sempre se dixo que se procuraría coincidir". "Pero procurar é unha cousa e a coincidencia é outra", concluíu.

"ANTELACIÓN ABONDA"

O vicepresidente galego tamén sinalou que "non lle consta" se o presidente da Xunta de Galicia e o lehendakari falaran sobre a data das eleccións.

"Dixemos que ían ser no mes de outubro e en outubro serán", reiterou Rueda. Ademais asegurou que a cita coas urnas "se anunciará con antelación abonda".

Tras recordar que hai un prazo legal de 52 días entre a convocatoria e a celebración das eleccións, Rueda insistiu en que se informará "en función a qué domingo de outubro vai ser esa convocatoria".

Este venres, ás 14,30 horas, está prevista unha rolda de prensa do lehendakari para anunciar se adianta as eleccións autonómicas. Fontes do Goberno vasco anunciaron esta posibilidade debido á inestabilidade das negociacións para a conformación do novo Goberno central e para evitar que unhas terceiras eleccións.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta