Leiceaga cre que "Rajoy está a ser fiel a si mesmo" e recorda o PP que "desprezou" o PSOE na "curta lexislatura"

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, manifestou este venres que o presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy, que aceptou o encargo de tratar de formar goberno, "está a ser fiel a si mesmo" e recorda ao PP que "desprezou" ao Partido Socialista na "curta lexislatura" na que Pedro Sánchez se someteu a un debate de investidura no que non logrou apoios abondos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2016 | Actualizada ás 13:44 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, manifestou este venres que o presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy, que aceptou o encargo de tratar de formar goberno, "está a ser fiel a si mesmo" e recorda ao PP que "desprezou" ao Partido Socialista na "curta lexislatura" na que Pedro Sánchez se someteu a un debate de investidura no que non logrou apoios abondos.

Preguntado nun acto no Parlamento sobre a reivindicación do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, dun pacto de investidura entre PP e PSOE fronte a populismos, Leiceaga recordou que o escoitou dicir "polas súas obras coñecerédelos".

Ao respecto, puntualizou que no ámbito estatal durante os catro anos de maioría absoluta de Mariano Rajoy "non tivo para nada en consideración ese tipo de comportamento" e fixo, segundo reprocha, "un uso demoledor da súa maioría absoluta ignorando e desprezando a oposición moderada e constitucional que representaba o PSOE".

"A verdade, na curta lexislatura anterior houbo unha posibilidade de que o Partido Popular coa súa abstención permitise un goberno de PSOE-Cidadáns, partidos moderados e constitucionais, pero opúxose a ela e impediu que houbese un goberno dese tipo, por iso digo polas súas obras coñecerédelos", sentenciou.

Neste sentido, repreguntado sobre a postura de Mariano Rajoy de intentar o encargo do xefe do Estado pero sen prazos, o candidato socialista concluíu que "(Rajoy) está a ser fiel a si mesmo".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta