“Cariño, esta rolda de prensa non é para ti”

A tensión interna entre algúns cargos da ‘vella garda’ do PSdeG e a nova dirección subiu hoxe un chanzo debido a un incidente diante dos xornalistas. A deputada Carmen Gallego expulsou dunha rolda de prensa a actual xefa de prensa do partido. Despois denunciou a suposta atitude antidemocrática da xestora.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/07/2016 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

“Cariño, non é para ti esta rolda de prensa, Mercedes”, espetoulle Gallego á empregada do PSdeG cando os micrófonos xa estaban abertos para unha comparecencia nunha das salas do Parlamento. A deputada insistiu até que botou do acto a xefa de prensa argumentando en voz alta diante dos informadores que “non es xornalistas acreditada por ningún medio de comunicación”.

Gallego convocara aos xornalistas para dar o seu punto de vista crítico sobre o proceso de elección dos candidatos para os comicios autonómicos. A deputada pontevedresa denunciou uns supostos modos antidemocráticos aplicados por parte dos partidarios da xestora e de Xaquín Fernández Leiceaga, o vencedor nas recentes primarias. Como exemplo, a ex-conselleira puxo Vilagarcía, onde dixo que se impediu a votación das listas.

Carmen Gallego, deputada do PSdeG
Carmen Gallego, deputada do PSdeG | Fonte: PSdeG

Leiceaga esquiva o conflito

Cuestionado por estas críticas, Leiceaga lavouse as mans. “Non vou entrar nisto”, declarou esta mañá. O candidato argumenta que é a xestora a responsábel do proceso que nestes días está a configurar as listas dos socialistas galegos, proceso no que el di non intervén. Gallego foi un dos cargos que apostou polo seu rival nas primarias, o derrotado José Luís Méndez Romeu.

Resultados nalgunhas localidades

Mentres a polémica interna faise cada vez máis evidente, continúan as asembleas locais. Pablo López, Rodríguez Dacosta e Noela Blanco foron os máis votados para as listas en Ourense na asemblea de onte. Tamén o xoves houbo asemblea en Compostela. Guadalupe Rodríguez, Eva Martínez e Pablo Arangüena foron os nomes con máis apoios en Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Pepiño

Mucha: Acábaseche a mamandurria, aínda que non creo que volvas mariscar

2 Sesese

Como esta o psoe, non se recoñece

1 anonimo

Que falla de democracia, e certo que no PS de G., xamais existiu, esa muller non sabe ó que é, porque como pudo estar ahí, en base a que, quen é, non é de extrañar que faga eso, agora, cantas respostas terán que dar un por un, todos os membros do PS de G, do PSOE, porque estos todos vividores levan toda a vida ahí, SENDO ANALFABETOS, chupando do biberon, pero non soio eso, con casa ilegales, recibindo subvencións, empregando parentes, sendo corruptos a non poder máis, destrozando GALICIA, si, porque os do PP, ó lado de estos, son APRENDICES, CHAMOME, EMILIO BOULLOSA SR. FISCAL DE GALICIA, É QUERO DENUNCIAR A TODOS ESTOS MANGANTES, A TODOS ESTO CARADURAS, A TODOS ESTOS SINVERGONZAS, POLO QUE LEVAN ROUBADO Ó POBO GALEGO, SIN ENTRAR XA NO CONCELLO DE VIGO. SAUDE.