Temas: POLICíA

Prolongadas esperas para obter o DNI ou o pasaporte

Comisións Obreiras denuncia que en moitas localidades hai listas de agardas de até tres meses debido a falta de persoal produto dos recortes.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/07/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

A cita previa en Galicia para a obtención ou renovación do DNI está a principios de outubro en Ribeira; e en Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra e Vigo chega a mediados de setembro. Son datos dunha denuncia pública de CC.OO. , que lembra ademais que este documento é obrigatorio.

A central alega que as “escusas” dadas dende o Ministerio do Interior (mal funcionamento do servizo de cita 060, as vacacións dos empregados públicos en período estival e, sobre todo, a falta de previsión da cidadanía) son falsas.

Na súa opinión, o problema nace dun “un cadro de persoal de empregados públicos e empregadas públicas (persoal non policial) que traballan na expedición do DNI seriamente mermada polos recortes na Oferta de Emprego Público; a mala xestión de persoal e recurso na DGP; a implantación do DNI-e 3.0 sen actualizar equipos informáticos e software; a externalización do servizo de cita previa, entre outros factores”.

O plan de choque que se puxo no seu día en marcha para reducir os tempos de espera para obter un DNI ou pasaporte como medida puntual demostrou ser totalmente insuficiente vendo os datos a data de hoxe. Ante isto, o sindicato reclama que se cubran todas as vacantes de funcionarios que se perderon estes anos pola práctica conxelación do cadro das administracións estatais.

Tomando pegadas dactilares para DNI nunha oficina do Ministerio do Interior
Tomando pegadas dactilares para DNI nunha oficina do Ministerio do Interior | Fonte: ejea.es

Temas: POLICíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sindicato Black

Pero se Comisiones Vendidas apoiou a metade dos recortes ou máis. A que xogan