Rueda cre que o PSOE nega o uso de Soutomaior porque lle "amola" o "acto de unidade" do PP fronte ás súas "pelexas"

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, "lamentou" este venres a decisión da Deputación de Pontevedra, presidida pola socialista Carmela Silva, de non permitir o tradicional inicio do curso político popular no Castelo de Soutomaior, unha decisión que atribuíu ao feito de que ao PSOE lle "amole" o "acto de unidade" do PP fronte ás súas "pelexas internas".

OURENSE | 29/07/2016 | Actualizada ás 17:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, "lamentou" este venres a decisión da Deputación de Pontevedra, presidida pola socialista Carmela Silva, de non permitir o tradicional inicio do curso político popular no Castelo de Soutomaior, unha decisión que atribuíu ao feito de que ao PSOE lle "amole" o "acto de unidade" do PP fronte ás súas "pelexas internas".

"Supoño que este ano lles amolará especialmente, pensando en que é un acto de unidade en vistas dunhas eleccións, e porque o partido que o prohibe se se caracteriza por algo é por todo menos pola unidade", sinalou Rueda durante un acto en Ourense.

Tras afirmar que no PSOE hai "moitas pelexas internas", o máximo responsable do PP pontevedrés "supuxo" que "molestará especialmente" o contraste coa imaxe de "unidade" que ofrece a presenza dun millar de cargos do partido e militantes en Soutomaior.

Dende o ano 2007, o Partido Popular iniciou o seu curso político no castelo pontevedrés, a onde acudían preto dun millar de militantes e membros destacados do partido, entre eles o propio presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

Non obstante, dende a Deputación de Pontevedra non se deu a autorización para a realización de actos políticos nas instalacións de Soutomaior e sinalouse que este espazo só acollerá os "usos permitidos", como reportaxes fotográficas, vodas, bautizos e comuñóns.

Rueda defendeu que a cita de Soutomaior era un acto que "se"procuraba facer" buscando non coincidir con outras actividades do castelo e que "nunca houbo ningún problema". Tamén recordou que "o Castelo de Soutomaior se convertía ese día en referencia e centro da vida política de España".

"Laméntoo e o que podemos facer é acatar esa orde directa da presidenta socialista da Deputación de Pontevedra e buscar outro lugar", sinalou Rueda. Neste sentido, insistiu en que a intención do PP pontevedrés é encontrar "outro marco tan bonito e significativo" para que o PP inicie o seu curso político "na provincia de Pontevedra".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta