A Xunta asina o convenio para reforzar con 1,4 millóns o financiamento da sociedade de garantía recíproca Sogarpo

Os conselleiros de Economía, Francisco Conde, e Facenda, Valeriano Martínez, asinaron este venres o convenio de colaboración coa Sociedade de Garantía Recíproca de Pontevedra e Ourense (Sogarpo), polo que destinará 1,4 millóns de euros a mellorar a súa capacidade financeira e, con iso, a "promover a actividade empresarial e a creación de emprego" nestas dúas provincias.

VIGO | 29/07/2016 | Actualizada ás 18:27 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os conselleiros de Economía, Francisco Conde, e Facenda, Valeriano Martínez, asinaron este venres o convenio de colaboración coa Sociedade de Garantía Recíproca de Pontevedra e Ourense (Sogarpo), polo que destinará 1,4 millóns de euros a mellorar a súa capacidade financeira e, con iso, a "promover a actividade empresarial e a creación de emprego" nestas dúas provincias.

Conde explicou que con isto o que se busca é "achegar os instrumentos axeitados ás pymes e autónomos para as súas necesidades financeiras e que poidan responder aos seus plans de negocio e facer fronte aos novos modelos produtivos". Ao "que que se consolide Martínez engadiu que o obxectivo final é e que asente a recuperación económica".

Ademais dos 1,4 millóns que destinará a Sogarpo, a Xunta tamén chegou a un acordo coa sociedade de garantías recíproca da Coruña e Lugo (Afigal), que recibirá 2,6 millóns de euros. A estas cantidades, súmanse os dous millóns xa achegados no plan de recapitalización pactado en 2014 e que culmina este ano 2016.

O propósito, explicaron é "apoiar o financiamento colaborando coas sociedades de garantía recíproca galegas, que desempeñan dende a súa creación un importante papel no tecido empresarial de Galicia, facilitando o acceso ao crédito a pymes galegas mediante a prestación de avais". "Que ningún proxecto viable quede sen desenvolverse por falta de apoio financeiro", resumiu Conde.

Esta actuación enmárcase no programa integral de financiamento 'Galicia 1000' posto en marcha polo Goberno galego e que supón un investimento de 125 millóns e a mobilización de 400 millóns para facilitar ás pymes o financiamento de 1.700 proxectos en toda Galicia ao longo deste ano.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta