Investigan o xefe do GES de Muíños (Ourense) como presunto autor dun incendio en Lobios

A Garda Civil investiga o xefe do grupo de emerxencias supramunicipal (GES) de Muíños (Ourense) como presunto autor dun incendio forestal acontecido o pasado 18 de xullo en Lobios.

OURENSE | 29/07/2016 | Actualizada ás 19:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga o xefe do grupo de emerxencias supramunicipal (GES) de Muíños (Ourense) como presunto autor dun incendio forestal acontecido o pasado 18 de xullo en Lobios.

En concreto, a Garda Civil de Lobeira tomou declaración a J.R.R., de 28 anos, veciño de Quintela de Leirado, como investigado por un lume nos montes de Xendive, en Lobios.

O incendio forestal arrasou con 54 hectáreas arboladas e 13 hectáreas de monte baixo. O lume motivou a intervención de medios de extinción da Xunta.

Ao lugar acudiron membros do propio GES de Muíños, así como de Lobios, xunto a efectivos da Garda Civil e patrullas da Brilat de Pontevedra. O caso lévao o xulgado de instrución de Bande.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta