AGEe insta a Feijóo e o Goberno central a concretar os efectos da posible suspensión de fondos por parte da UE

Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) instou o Goberno central en funcións e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a concretar os efectos que tería en ambas as dúas administracións públicas a posible suspensión de fondos a España por parte da Comisión Europea (CE).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2016 | Actualizada ás 11:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) instou o Goberno central en funcións e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a concretar os efectos que tería en ambas as dúas administracións públicas a posible suspensión de fondos a España por parte da Comisión Europea (CE).

A través dun comunicado, a eurodeputada de AGE, Lidia Senra, recordou que o vicepresidente da Comisión Europea, Jyrki Katainen, remitiu unha carta ao presidente do Parlamento Europeo, Martin Schulz, na que achegou unha lista de posibles fondos estruturais e de inversión social europea que poderían ser conxelados en España e Portugal, debido a que o Consello Europeo resolveu que estes Estados realizaron un "esforzo presupostario moi por debaixo do recomendado".

Nesta liña, incidiu en que, entre os fondos propostos para ser conxelados atopan todos os plans de desenvolvemento rural de España e outros programas operativos, como o rexional, o europeo de fondo marítimo e pesca e o de emprego, formación e educación, entre outros; que, como o anterior, afectan directamente a Galicia.

Por estes motivos, Lídia Senra denunciou que estas medidas evidencian a inxerencia da Comisión Europea en España e cualificou as propostas europeas como unha "chantaxe" realizada con diñeiro público para obrigar a "favorecer aos intereses privados".

DEMANDAS

Por iso, instou o Goberno central en funcións a explicar en que se concretarán os recortes comprometidos para alcanzar a redución do déficit presupostario, así como se vai adoptar medidas relacionadas con outros aspectos, como as reformas do mercado laboral e das pensións.

Ademais, Lídia Senra demandou a Administración estatal que se opoña á "conxelación de fondos" e que esixa á Comisión Europea que aposte por medidas que afecten os "responsables da crise económica" e non ás clases populares.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta