Cazadores do Xurés pedirán entrevistarse con Feijóo polo seu descontento coa xestión dos Parques Naturais

A Asociación de Tecores del Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés (Xurestec) solicitirá unha reunión co titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, para trasladarlle o seu descontento polas decisións tomadas pola Xunta na xestión dos Parques Naturais.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2016 | Actualizada ás 14:54 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Asociación de Tecores del Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés (Xurestec) solicitirá unha reunión co titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, para trasladarlle o seu descontento polas decisións tomadas pola Xunta na xestión dos Parques Naturais.

Así o decidiron por unanimidade as nove sociedades de cazadores que integran esta asociación, logo dunha asemblea na que analizaron a orde de axudas publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) outorgadas pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Nelas, segundo a asociación, pechouse toda posibilidade de que as sociedades de cazadores puidesen solicitar axudas", algo que tamén afecta ás "asociacións de veciños" ou a de "mulleres rurais" que foron borradas" da orde de axudas.

Así, Xurestec sinalou que o Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés é "a parte máis importante do programa de recuperación da aguia real", que está a recaer nos "recursos económicos propios das Sociedades de Cazadores" mentres "os políticos aproveitan a solta de polos para pasar polo lamentable photocall que se monta para a ocasión".

Polo tanto, reclamou unha "nova política" para os habitantes das zonas de parques naturais, que se enfrontan a "nada máis que limitacións e prohibicións" e reciben unhas axudas que "non encaixan coa realidade rural das devanditas zonas".

Por último, Xurestec apuntou que "algúns colectivos" están a traballar na creación dunha asociación a nivel autonómico que "integre os habitantes das zonas protexidas de Galicia".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta