A Xunta acode á inauguración da Rúa de Galicia da cidade brasileira de Niterói

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na inauguración da Rúa de Galicia da cidade brasileira de Niterói, que forma parte da metrópole de Río de Janeiro.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2016 | Actualizada ás 20:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na inauguración da Rúa de Galicia da cidade brasileira de Niterói, que forma parte da metrópole de Río de Janeiro.

No acto, Rodríguez Miranda destacou que "os galegos da diáspora, en Brasil e noutros moitos países, destacaron pola súa alta capacidade de integración, consciente de que o seu desenvolvemento persoal e profesional ten que vir da man do do seu contorno,", segundo informou a Xunta nun comunicado.

Ademais, o responsable de Emigración do Goberno galego tamén visitou o Club Español, do que a metade dos seus socios son cidadáns galegos.

GALEGOS EN BRASIL

Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), un total de 46.671 galegos viven no país carioca, que representan case o 40 por cento de españois residentes en Brasil. Deles, 33.913 naceron xa na diáspora, é dicir, o 72% son nativos do país sudamericano.

Así mesmo, Rodríguez Miranda asegurou que esta nova xeración "segue sentíndose profundamente vinculada coa Galicia territorial, tal e como demostra a súa activa participación nos programas que desenvolve a Xunta en Brasil".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta