Podemos Galicia ás mareas: "Estamos aquí e non imos fallar"

A líder do partido morado intervén na asemblea que creou o partido instrumental de En Marea, pero mantén a incógnita se haberá integración, só coalición ou irán sós. Beiras pide que non se poña "tachas á obra mentres non estea terminada" porque hai sitio para todos"

Por Europa Press / Redacción | Vigo | 31/07/2016 | Actualizada ás 00:23

Comparte esta noticia

En Marea lanzou este sábado o proceso constituínte para desaloxar ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de San Caetano, tal e como manifestaron diferentes voces que interviñeron ao longo da xornada, a pesar de que a incógnita de se Podemos aliarase co que este partido instrumental para as eleccións autonómicas de outono.

Membros da coordinadora do partido instrumental En Marea na asemblea constituínte en Vigo
Membros da coordinadora do partido instrumental En Marea na asemblea constituínte en Vigo | Fonte: marea atlántica

Nesta clausura da asemblea constituínte de En Marea houbo un recoñecemento ao labor dos alcaldes das mareas --Xulio Ferreiro (A Coruña), Jorge Suárez (Ferrol) e Martiño Noriega (Compostela)-- que hai unhas semanas lanzaron un manifesto conxunto que desembocou neste sábado nunha cita na que estiveron representantes de todas as formacións políticas que participaron ata agora na confluencia.

Xosé Manuel Beiras

No discurso de clausura, tamén houbo unha advertencia sobre a construción do proceso que lanzou o portavoz nacional de Anova e membro da xestora que pilotará o proceso, Xosé Manuel Beiras. "Non poñades tachas á obra mentres non estea terminada, hai sitio para todos".

De feito, o veterano político, que levantou ao auditorio no aplauso final do auditorio, asegurou que o proceso "non termina coas eleccións" autonómicas, senón que é preciso iniciar un proceso "rupturista que se cargue o réxime borbónico", como el cualifica ao actual sistema político de monarquía parlamentaria español.

Os alcaldes de Santiago, A Coruña e Ferrol na Asemblea Constituínte de En Marea
Os alcaldes de Santiago, A Coruña e Ferrol na Asemblea Constituínte de En Marea

Carmen Santos

Na clausura tamén interveu a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, quen non obviou o proceso interno que realiza a súa organización e que desde este domingo votará se a formación concorre en solitario, coa marca propia, ou tece alianzas.

"Estamos aquí e non imos fallar, seguiremos tendendo pontes e atopando pontes e xuntos imos vencer, non só nos comicios, senón no camiño común", salientou Santos. "Por suposto que hai marea e seguiremos loitando xuntos", salientou a secretaria xeral de Podemos Galicia.

Os tres alcaldes, que foron recoñecidos polos seus compañeiros de asemblea destacaron o traballo realizado para axuntar as diferentes sensibilidades, arriscando o seu capital simbólico e político, como llo recoñeceu o propio Beiras.

Yolanda Díaz

Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, lanzou cinco puntos para comezar a traballar nun programa electoral. Entre eles, sentar as bases para un cambio do modelo produtivo, reverter os recortes e "non deixar a ninguén na conta", unha Galicia "soberana, que poida decidir todo de forma fraterna", incluído o que "quere ser", e "unha Galicia de igualdade entre homes e mulleres".

Vista xeral do auditorio na celebración da Marea Constituínte en Vigo
Vista xeral do auditorio na celebración da Marea Constituínte en Vigo | Fonte: Marea Atlántica.
Coordinadora provisional da Marea Constituínte
Coordinadora provisional da Marea Constituínte | Fonte: Europa Press.
Xulio Ferreiro, Jorge Suárez e Martiño Noriega, na asemblea da Marea Constituínte en Vigo
Xulio Ferreiro, Jorge Suárez e Martiño Noriega, na asemblea da Marea Constituínte en Vigo | Fonte: Marea Atlántica.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

9 Brinco

6 pirolos polo poder na coordinadora por 4 mulheres, non hai maneira de que a esquerda se de conta de que o futuro é mulher ou non a ser nada (antelo no conta na esquerda, e un santinho)

8 SOLOS MEJOR

AGE poniendo a los carguillos vividores de toda la vida a repartir puestos de diputado tipo Aymerich, Yolandita, Rubén Pérez, Martiño, Perez Bouza, Beiras... Todo VELLA POLÍTICA!! y Podemos estamos poniendo de tontos los votos. Todos a votar casilla de Podemos solos!

7 Poeta da OTAN

Outro paripé. Moi bonito e transversal, ate da certa, e falta, sensación de pluralidade no xacobio e neo peronista, partido Podemita, mais...se o Mesias da Complutense ou o ex Ciudadanos, Echenique (que gañando uns 5.000 euros ao mes coma confesou, ademais percibindo 330 euros mensuais do estado de axuda a dependencia, di xustificándose que non podia facerlle un contrato de alta na S.S que saería por 68.9 euros ao seu asistente que cobraba 300, co cal só 30 euros saían do seu peto) dín que Podemos vai soa al eleccións, sen sucedaneos nin aliazas, non teño a minor dúbida, da volta as portas xiratorias, e ao "sempre fun de Podemos" por parte de estes trepas. .

6 Todo pola pasta

Canto lixo oportunista e populismo mercenario trouxo a spanishrevolution laranxa do 15Memos.

5 #EuVotoPodemosSo (opción B)

3 alcaldes do cambio (2 ex_BNG e 1 de IU)= 0 de Podemos. Candidato da Marea Luis Villares (ex-BNG). Son datos. Podemos aporta votos e os demáis carguiños. Acabouse, imos sos.

1 Serio

Pois xa tardades, contra! Hoce mellor que mañá: liscade. Axiña. Bulide. Non miredes atrás. Xa nos tarda: hai ser un show tipo tonechos durante catro anos e despois, esvaerse coma bágoas na choiva. Credes que sabes algo de política local? A serio pensades que tedes algo que ver coa maioría da poboación galega? Pois non: sodes un resultado evidente dun proceso de colonización e o resultado é unha caricatura: máis faltóns, máis inconscientes e inconsistentes ca ninguén. Si, se cadra arrancades algún escano para as risas pero, acouga, non tedes corpo para durar. POR FAVOR: PRESENTÁDEVOS SÓS e morra o conto dunha vez.