35 expositores e centos de actividades na Feira do Libro da Coruña

Máis de 180 escritores daranse cita nesta feira que se poderá visitar ata o 10 agosto.

Por E.P. | A CORUÑA | 31/07/2016 | Actualizada ás 09:10

Comparte esta noticia

A Feira do Libro de A Coruña arranca este luns, 1 de agosto, coa presenza de máis de 180 escritores e 35 casetas, das cales máis da metade serán de libreiros.

Libro inglés
Libro inglés

A actividade comezará este luns 1 de agosto ás 12.00 horas tras un pregón inaugural a cargo de Pinto & Chinto (David Pintor e Carlos López). A feira, que cambia de situación e se situará fronte ao Kiosko Alfonso, nos xardíns de Méndez Núñez, poderase visitar ata o día 10.

Ao longo destes dez días visitarán os stands da Feira do Libro Novo destacados autores do panorama galego e nacional, como Luz Pozo Garza (día 1, ás 20.00 horas); José Manuel Otero Lastres (día 2, ás 19.00 horas) ou Nacho Carretero (día 3, ás 19.30 horas).

A feira contará ademais cun espazo dedicado exclusivamente ao público infantil, e é que, segundo explicou Regueira, se busca "reforzar" o interese pola lectura entre os máis novos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Leike

Que é eso de "galego e nacional"? Ah, claro, "la nación es España"! Coinciden GN e esoutro.