Hai Marea ou hai mareados?

Por desgraza a marea está en baixamar, os deuses do Olimpo, Ferreiro, Martiño e Suarez, conseguírono. Cos seus actos conseguiron que a mar baixe e está tan baixa que as pedras do fondo xa aparecen na superficie e iso beneficia ao gran transatlántico do PP, porque o velas xa non embarrancara.

Por Carlos González Armada | Vigo | 08/08/2016

Comparte esta noticia
 
¿Que poden representar de novo para a cidadanía Yolanda Díaz, Rubén Pérez, e outros politicos que levan mais de tres lustros dentro de ela?. Como pode a xente fiarse dun señor que non coñecen de nada (Luís Villares), e cuxa carta de presentación é dicir que si Podemos non entra no partido instrumental el non presentara a súa candidatura para a marea, e xusto despois de que os inscritos de podemos decidan que non van ir nun partido instrumental el aparece presentando a súa candidatura na marea....diferenza no tempo unha semana.Se xa nos amenten desta forma antes de tocar moqueta imaxínense despois.

Ben, dito isto debemos lembrar que parte destes señores que queren presionar a Podemos Galicia para que non teña os seus procesos democráticos internos son os que se estaban repartindo cargos antes de facer candidatura mediante pactos por email na constitución de Marea de Vigo, (lembrar o email entre Cid Cabido e Rubén Pérez), e dicir, son políticos cuxo respecto polos cidadáns é escaso tirando a nulo, e tan os buscan o seu propio beneficio

Por todo iso non hai marea, por todo iso e pòr moito máis, son tantas cuestións que non imos aburrir aos lectores coas intrigas da vella Roma. O certo é que en podemos Galicia seguindo un proceso democrático interno sen precedentes en Galicia, os inscritos decidimos que se habería de ir en coalición e non disoltos dentro de marea, o resultado foi dun 75% a favor da coalición (proposta de Carmen Santos, e Pablo Igrexas), un 25% a favor de ir en solitario (proposta de Xuntos Podemos e 10 SX do rural de podemos Galicia), e un 0% a favor de ir disoltos ou integrados dentro da marea (proposta dos deputados Angela Rodríguez e Antón Gomez Reino).....e iso é o que imos facer, gústelles ou non aos alcaldes mareados, ir en coalición, e se non queren, como dixo a nosa Secretaria Xeral, seguiremos o noso camiño

Noriega Martiño, Jorgue Suárez Xulio Ferreiro, Angela Rodríguez, Antón Gomez Reino, Luca Chao, e todos os impulsores de Marea, se no aceptan a coalición, deberán de explicar porque non se fai esa coalición cuando os inscritos de Podemos, cidadans, votantes, militantes, e supostos compañeiros, decidieron facer unha coalición e sendo esa a única opción de ir xuntos o rexeitan

Podemos é un partido nacional cun proxecto nacional e por iso non pode ir disolto noutro partido, porque non lle piden ao PSOE que se disolva dentro de Marea?....porque sería inviable non?, porque non llo piden ao BNG?...porque non ten votos. O caso é que marea quere que podemos se disolva dentro do partido marea porque podemos é quen ten os votos...e porque os señores da marea queren refundar o nacionalismo dentro dun partido novo e queren darlle aire de "non nacionalismo" coa inclusión de EU (moribundo) e de Podemos (con moitos votos), e así deixar o taboleiro político futuro cun PP, PSOE, Marea, e así asegurarse a súa cota de poder e de negocio

Podemos non vai permitir iso, ou polo menos algúns non o cremos, e se Podemos Galicia non se mantén firme, os votantes de Podemos Galicia, todos os simpatizantes do 15M, toda a xente de abaixo pode estar tranquila porque Xuntos non vai permitir que este espectáculo espantoso de cotas de poder saia adiante...polo menos ata onde alcance a nosa man a evitalo....polo menos no que este en a súa man.

Igual que Xuntos conseguiu imputar a máis de 70 políticos e empresarios corruptos no caso Hormigon, Patos e Enchufes sen apenas recursos, Xuntos Podemos como grupo interno de Podemos Galicia tentará facer o propio, e se non se consegue dentro haberá que buscalo fóra, pero estes mareantes non van conseguir destruír á sociedade civil que buscou unha ferramenta política como Podemos para montar un chiringuito a imaxe e semellanza de eles mesmos......¿para que se necesita unha marea se xa existe unha que se chama PODEMOS?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA