A Xunta destina 60.500 euros para a mellora de estradas en Bóveda (Lugo)

A Xunta de Galicia destinará 60.500 euros para o acondicionamento do camiño local no municipio lucense de Bóveda, que consistirá no ensanche da calzada e a mellora nas condicións de seguridade da estrada que une a vía de altas prestacións CG-2.2 con Ribas Pequenas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2016 | Actualizada ás 13:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia destinará 60.500 euros para o acondicionamento do camiño local no municipio lucense de Bóveda, que consistirá no ensanche da calzada e a mellora nas condicións de seguridade da estrada que une a vía de altas prestacións CG-2.2 con Ribas Pequenas.

Segundo informou o Goberno galego, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou este mércores o convenio de colaboración co alcalde de Bóveda, o popular José Manuel Arias, a través do cal a Xunta se compromete a financiar integramente as obras.

A obras centraranse no ensanche da calzada, así como na limpeza do firme e das marxes da estrada para "optimizar" o camiño local que vai dende o enlace do municipio coa vía de altas prestacións CG-2.2 ata a estrada que une Bóveda con Ribas Pequenas.

Así, Vázquez Mourelle subliñou que a actuación atende a unha petición do alcalde e que os veciños de Bóveda "verán mellorados os accesos e condicionamento do camiño" para ofrecer "unha maior comodidade e accesibilidade".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta