A Coruña acolle a terceira edición do festival Autobán: Autoedición e BD de Autor

A cita é o venres 13 e sábado 14 de agosto na Nave 1839, estación de trens.

Por GC Tendencias | A Coruña | 11/08/2016 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

O festival Autoban: Autoedición e BD de autor chega a súa terceira edición, un encontro dedicado a cómics que publican os seus propios autores e que este ano se celebra este venres 12 e sábado 13 de agosto, coincidindo coa fin de semana de Viñetas desde o Atlántico.

Autobán: Autoedición e BD de Autor.
Autobán: Autoedición e BD de Autor.

Este ano todas as actividades desenvolveranse na Nave 1839, un antigo almacén situado na estación de trens da Coruña e reconvertido en sala de concertos e centro neurálxico da actividade cultural independente da cidade.

Aínda que a duración do Autobán é de apenas día e medio, os organizadores deseñaron unha programación diversa e ampla, tratando de complementar e dinamizar esta semana dedicada ao cómic na que chegan a Coruña tantos amantes deste xénero. Así, celebraranse unha serie de charlas e mesas redondas, o "Autobombo" —con minipresentaciones de autores/as de fanzines—, un mercado específico de fanzines —con máis de 30 proxectos participantes—, o "Minibán" —con actuacións orientadas aos nenos e nenas e a toda a familia—, ademais da proxección de curtametraxes de animación e, para pechar o Autobán 2016, o popular "Combate de debuxantes".

Convertido en todo un referente do Autobán, o Combate é un enfrontamento no que o público vai votando sucesivos duelos de debuxos improvisados ata que só queda un campión ou campioa. Nas edicións anteriores resultaron gañadores Xurxo Penalta, Xulia Vicente e Cynthia Alfonso. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta