Temas: MUGARDOS

EU releva o PP na alcaldía de Mugardos tras prosperar a moción de censura

O tripartito formado por Iniciativa Cidadá de Mugardos, BNG e a propia Esquerda Unida pasa a xestionar a localidade tras un pleno tenso. Pilar Díaz é a nova alcaldesa.

Por E.P. | Ferrol | 12/08/2016 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

A voceiro do Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Mugardos (A Coruña), Pilar Díaz, converteuse no mediodía deste venres na nova alcaldesa deste municipio da bisbarra de Ferrolterra, ao prosperar a moción de censura que presentaran o pasado 1 de agosto as formacións de Iniciativa Cidadá de Mugardos, BNG e a propia EU, coa sinatura de oito dos trece concelleiros da corporación e que supuxo retirar o goberno municipal ao PP, que veu administrando este municipio durante case catorce meses con tan só catro edís.

Pilar Díaz co alcalde de Ferrol, Jorge Suárez
Pilar Díaz co alcalde de Ferrol, Jorge Suárez | Fonte: Remitido.

Nun salón de plenos completamente abarrotado, a sesión celebrouse nun clima de tensión e berros, onde a maioría dos asistentes se dedicaron boa parte deste a dar mostras de apoio aos concelleiros do Partido Popular e centraron boa parte das críticas facía a nova alcaldesa. De feito, foi expulsado, polo seu comportamento, un dos integrantes do público.

Todos os voceiros tomaron a palabra para argumentar o seu posicionamento, que se saldou con oito votos a favor da moción, os de EU, ICM e BNG, os catro en contra de PP e a abstención do único representante do PSdeG.

NOVA ETAPA

Pilar Díaz, tras tomar posesión do seu novo cargo, asegurou que afrontará esta nova etapa "con rigor, seriedade e tranquilidade". "Sabemos que as dificultades van ser moitas, pero somos conscientes de que imos contar cunha maioría social que vai avalar este goberno, porque imos executar o programa que a cidadanía votou maioritariamente nas eleccións municipais,", sostivo.

Díaz tamén trasladou a súa satisfacción tras ser investida alcaldesa. "Mugardos vai iniciar un novo reto, queremos comportarnos como un grupo único, a pesar de ser tres forzas, e traballaremos con lealdade e honestidade, para facer unha localidade mellor entre todos, incluídas as persoas que hoxe tiveron unha posición contraria á nosa," afirmou.

"ORGULLOS" DO TRABALLO REALIZADO

Pola súa banda, Juan Domingo de Dios (PP), tras ceder o bastón de mando da localidade, aproveitou a súa comparecencia ante os medios de comunicación para "agradecer a todos os mugardeses a colaboración". "Ímonos coas mans limpas e moi orgullosos do traballo desenvolvido", sentenciou.

"A maioría dos veciños, e seino, non apoian esta moción de censura, penso que se fixésemos hoxe unhas eleccións o Partido Popular tería unha maioría absoluta, pero é verdade que temos que esperar tres anos, imos dar a cara, miraremos con lupa a ver o que fai este novo goberno municipal e en todo caso non imos deixar aos veciños desatendidos", concluíu.

Temas: MUGARDOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Rafael

O PP foi a lista máis votada en Mugardos pero non ganou as eleccións, sacou só 4 concelleiros e os partidos de esquerda sacaron 9, daquela era candio se tiñan que poñer de acordó para gobernar, pero como mugardés considero que os do PP non estaban gobernando peor que BNG- EU no período anterior Con outra persona na alcaldía a cousa podería ir ben non con Pilar Díaz que ten todos os defectos dos profesionais da política

2 Coñecemoste Pilar

Hai catro anos e pico PP e IU coa señora da foto estiveron negociando ata as 3 da mañá do día antes do pleno de investidura un goberno de coalición que non callou porque os dous querían a alcaldía. Que voltas da a vida

1 Cecilio o enterramortos

Made in Marea o primeiro que ten que facer e botar a Planta de Gas Fora da Ría. Pero Xa...

1 Iluso

Juas pero ti sabes o que opina en privado a alcaldesa eterna concelleira de IU do tema meu probe???