A Xunta adxudica unha nova campaña de publicidade por 401.000 euros

Con esta nova campaña da Axencia de Turismo, o conxunto da administración autonómica leva licitado en propaganda máis de 8,5 millóns no que levamos de 2016.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/08/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia está a ultimar un novo contrato de publicidade a pouco máis dun mes da campaña electoral. Os medios de comunicación recibirán máis de 441.000 euros grazas a unha “campaña de promoción dos recursos naturais e culturais”, segundo a documentación administrativa do contrato.

Feijóo con Nava Castro, responsábel da Axencia de Turismo de Galicia, na promoción dun evento turístico
Feijóo con Nava Castro, responsábel da Axencia de Turismo de Galicia, na promoción dun evento turístico | Fonte: Xunta.gal

 

O goberno inserirá publicidade en  prensa, internet, radio e televisión. No caso da prensa farao específicamente”nás páxinas dedicadas á información de Galicia”, as adicadas precisamente a dar noticias que incumben ao Executivo. Malia que televisión, radio e Internet teñen máis audiencia, as cláusulas do contrato especifican que o soporte máis valorado é a prensa escrita.

A administración está a tramitar o procedemento do contrato pola vía negociada sen publicidade. A Axencia de Turismo de Galicia invitou as consultoras Avante, Proximia e C Grupos de empresas de Comunicación ( antes coñecida como BAP Conde) a presentar ofertas.

Este contrato é parte dun acordo máis amplio, o xeito no que a Xunta comezou a xestionar moitas das súas campañas. No referido a promoción dos activos culturais e turísticos de Galicia, o Goberno estableceu un orzamento de máis de 4 millóns en publicidade para este ano.

O montante global gastado en propaganda, segundo contas de GC baseadas nas licitacións dos contratos adxudicados, é de máis de 8,5 millóns no que levamos de 2016.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Tino

Ok.... Todo normal.....ppcorruption and maid prensa galega.....sobran cartos ....quen dixo crise....para manipular e para os amigos sempre sobra....ahh...pero cartos de tódolos galegos por suposto...