A start-up galega Nubings lanzará en setembro un dispositivo para optimizar o consumo eléctrico no fogar

A empresa Nubings, unha start-up galega saída da edición lucense da aceleradora Vía Galicia, lanzará en setembro un dispositivo tecnolóxico innovador que permitirá monitorizar todos os consumos eléctricos do fogar e propoñer alternativas de aforro que se poderán activar a través da súa páxina web.

LUGO | 17/08/2016 | Actualizada ás 11:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A empresa Nubings, unha start-up galega saída da edición lucense da aceleradora Vía Galicia, lanzará en setembro un dispositivo tecnolóxico innovador que permitirá monitorizar todos os consumos eléctricos do fogar e propoñer alternativas de aforro que se poderán activar a través da súa páxina web.

O desenvolvemento proposto por Nubings baséase no 'big-data', que solicita todos os datos de cada circuíto eléctrico do fogar, apuntou José Rodríguez, director xeral da compañía, quen precisou que, xeralmente, "cada circuíto se asocia a un electrodoméstico", polo que construíron un algoritmo propio que, a través da web e APP que lanzarán nas próximas semanas, ofrece "distintas medidas para aforrar".

Segundo as probas piloto iniciais, Nubings consegue uns aforros medios dun 20 por cento na factura dos fogares. Faino posibilitando a opción de cambiar a tarifa eléctrica por unha máis axeitada ao perfil de consumo do fogar. Así mesmo, ao saber o modelo de electrodoméstico que se conecta a cada circuíto, Nubings rastrexa por Internet as ofertas de tendas para cambiar o aparato por un máis eficiente. O usuario pode compralo cun click sabendo en canto tempo o amortizará co aforro que consiga na factura.

Ademais, o dispositivo de Nubings non se centra unicamente no custo da electricidade, senón que o usuario pode optimizar dende o consumo por hora ata as emisións de CO2 que xera.

ALARMAS

Segundo ha pormenorizado José Rodríguez, as funcionalidades do dispositivo van máis alá do aforro enerxético, xa que "se"poden activar alarmas que avisen cando hai un comportamento anómalo" no consumo". Así, "se"poden detectar posibles avarías de electrodomésticos ou mesmo movementos inesperados no fogar".

O dispositivo, concretou, "está composto por unhas pinzas que se poñen no cable de cada circuíto dentro do cadro eléctrico". Estas envían os datos de consumo a unha pequena "caixa personalizable" no seu aspecto, que se enlaza por wifi á conexión a Internet do fogar. Despois, a APP analiza con algoritmos propios todos os datos e ofrece as alternativas de aforro ao usuario.

Nubings sacará ao mercado as primeiras 1.000 unidades do seu dispositivo en setembro, aínda que xa se pode reservar no seu portal web por un prezo dende 67 euros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta