Marcha outra das voces inquedas do xornalismo

Falece en Santiago a xornalista Ana Viqueira, ex delegada da Axencia EFE en Galicia e un referente no mundo do xornalismo galego.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/08/2016 | Actualizada ás 23:52

Comparte esta noticia

Marchou outra das flores do xornalismo galego. Unha muller inqueda, viva, un terremoto de sentimentos xornalísticos. Ana Viqueira, ex delegada da Axencia EFE en Galicia, morreu este xoves en Santiago.

Ana Viqueira
Ana Viqueira

Ana deixa un vacío no xornalismo santiagués. Muller de carácter, pluma ávida e sobre todo, Xornalista, así, con maiusculas. Formada na canteira do xornalismo político levaba anos pintando as crónicas da política deste país.

Ana, que se formou na Complutense de Madrid, comezou no Grupo Correo Galego e pasou pola Editorial Prensa Ibérica (EPI), casa na que tamén desempeñou cargos directivos. Coa súa chegada á Axencia EFE, empresa á que dedicou máis de dúas décadas da súa madurez profesional, completou a súa bagaxe profesional.

Días tristes para o xornalismo galego. Deixounos Ana e tamén Ángel Vaqueiro, outra gran pluma deste país. Dous profesionais que compartían o seu amor por unha profesión maltratada pero que levaban no sangue.

A redacción do GC quere mandar os seus máis fondos pesares a familiares e amigos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Don Quixote de Terra Chá

A morte dun xornalista sempre deixa máis orfos que os seus propios familiares, pero cando ese/a xornalista estaba comprometida/o coa información de calidade a orfandade voltase inmensa. Estamos fartos de xornalistas pesebristas. Boa viaxe para Angel Vaqueiro e Ana Viqueira. Seguro que nos seguirán mandando sinais cando nos desviemos do camiño..