O Grove terá espazo para emprendedores

Os novos locais para emprendedores estarán no mercado municipal grazas a unha reforma de máis de 90.000 euros.

Por GC Emprende | O Grove | 19/08/2016 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia acaba de lle conceder unha subvención ao Concello do Grove dentro da convocatoria para creación de espazos de emprendemento. Trátase dunha axuda de 63.254,66 euros procedente da Consellería de Economía, Emprego e Industria para levar ao cabo un proxecto valorado en 90.363,80 euros. 

Recreación 3D da reforma do mercado do Grove
Recreación 3D da reforma do mercado do Grove

Segunda informa o municipio na súa web, a proposta realizada polo Concello do Grove supón a reforma de todos os locais da zona esquerda do mercado municipal (nestes momentos abandonados ou empregados como almacén) para poder empregalos como locais para emprendedores e novas iniciativas empresariais.

O Concello promete que "a subvención permitirá a reforma íntegra de seis espazos de venda dotándoos de conexións modernas e dos elementos básicos como local comercial." Posteriormente, a administración di que desenvolveranse un proxecto de xestión destes que permita crear postos de traballo e, ao mesmo tempo, dinamizar o mercado municipal con nova oferta. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta