A Xunta renova a colaboración coa Asociación de Familias Numerosas para a xestión do Carné Familiar

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o presidente da Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan), Luís Sánchez González, asinaron este venres un acordo polo que renovan a súa colaboración para a xestión do programa de Carné Familiar, que dá acceso ás familias a descontos e vantaxes.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2016 | Actualizada ás 18:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o presidente da Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan), Luís Sánchez González, asinaron este venres un acordo polo que renovan a súa colaboración para a xestión do programa de Carné Familiar, que dá acceso ás familias a descontos e vantaxes.

O Carné Familiar é unha tarxeta gratuíta, persoal e non financeira coa que os membros das familias numerosas que residen en Galicia dispoñen de vantaxes ou descontos nos establecementos colaboradores.

Segundo o acordo, Agafan comprométese a captar novas entidades dispostas a aplicar estes beneficios aos usuarios, manter actualizada a guía de entidades e realizar un labor de difusión deste carné. Pola súa banda, a Administración galega contribúe con 16.500 euros ao financiamento dos gastos derivados da xestión da tarxeta.

O programa de Carné Familiar está en marcha dende o ano 2011 e na actualidade colaboran con ela 1.120 entidades. A Xunta expediu 21.654 documentos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta