Xavier Alcalá incorpórase as listas de Compromiso por Galicia

O escritor é un dos persoeiros que pecha as candidaturas do partido galeguista nuns comicios que son claves para consolidar esta formación tras a marcha dalgúns destacados militantes ás mareas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2016 | Actualizada ás 22:11

Comparte esta noticia

Compromiso por Galicia aprobou este sábado as súas listas para as eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro, tras o que o cabeza de lista pola provincia de A Coruña e candidato á Presidencia da Xunta, Xoán Bascuas, mostrou o seu "optimismo" para conseguir traer "o cambio en clave de país, positivo e comprometido".

Xavier Alcalá
Xavier Alcalá | Fonte: AELG

Segundo trasladou o partido a través dun comunicado, Bascuas resaltou que as listas están conformadas por "homes e mulleres que provén de pobos e de cidades de Galicia", que tratarán de contribuír a poñer "sentido común ao cambio que se aveciña".

"Compromiso é unha forza da xente do pobo e que non endebeda a ninguén máis que ao pobo que nos levará ao Parlamento para traballar por el", destacou. Ademais, recordan que foron "a primeira formación" en elixir as súas cabezas de lista polas catro provincias.

Así, pola provincia de Pontevedra, o partido situou como cabeza de lista o enxeñeiro técnico agrícola Andrés Núñez Rajoy; por Ourense, ao profesor de Dereito Constitucional Xosé Mosquera Caseiro; na provincia de Lugo, ese posto ocúpao o técnico intermedio en prevención de riscos laborais Juan Carlos Piñeiro; e, por último, pola provincia de A Coruña o propio secretario xeral da formación, Xoán Bascuas.

Por outra banda, tamén subliñou as figuras do enxeñeiro e escritor Xavier Alcalá, o médico e defensor do dereito das mulleres, Xosé Lois Doval e o avogado Xan M. Pérez Nartallo, os que pechan as candidaturas polas provincias de A Coruña, Ourense e Pontevedra respectivamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

10 Xa está ben de inmigración

Por fin alguén empeza falar claro. Con máis do 20 % de paro e a mocidade galega tendo que emigrar, como pode haber en todo o estado español 6 millóns de inmigrantes (contado legais e ilegais) e seguir deixando entrar xente. Este é un dos problemas máis importantes. Son xente que veñen tirar os salarios, e moitos deles directamente a aproveitarse das poucas axudas sociais. Logo a pedir reagrupamentos familiares e a vivir (con ingresos atípicos: trapicheo, furtos, etc.). E mentres os nosos "políticos" a mirar para outro lado.

9 Souto

Grazas Xavier. Algún día, non sei cando, nesta sociedade adolescente, haberá unha frente de asociación, partidos, sensibilidades...e faremos unha gran fronte de galeguistas comprometidos. Que é ser galeguista? Todo e nada. Nada si nos deixan en paz. E todo si non nos deixan en paz. Cando nos xuntemos todos, menos os adolescentes, chegaremos moi lonxe. Antes, teremos que ir paseninho. Benvido ao futuro.

8 Hermerico

Em Compromiso também estám os sionistas, umha maravilha de partido

1 Antinostrus

Non me digas??: Rahola?, Valadés?.............tamén o letrista Dobarrés, Anticastrista Confeso e Manchegogalego fetén do Alcalá?

2 Galeguista do PP

Pois outro punto a favor de Compromiso. Non me caen ben os israelitas pero hai que ser bastante castrón para non ver a diferencia entre eles e os palestinos. Palestina libre polo carallo que esmaguen os terroristas

3 anonimo

No Bnguai están os stalinistas, unha maravilla de partido...

7 Sesese

Outro que se apunta a politico

6 Job

O vergoñento espectáculo de CXG en Lalín está a acabar co pouco que queda do devandito partido.

1 Xanti

Que te fumas. Eu tamén quero...