As mareas listas para rematar coa "monarquía baltárica"

A confluencia escenifica a súa foto de familia entre chamamentos a unidade e co aval dun Beiras disposto a deixarse a pel na campaña.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/08/2016 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

En Marea fixo visíbel hoxe a conclusión do seu longo e turbulento proceso de confluencia e primarias. Coma cando hai un parto difícil, todo o mundo semella satisfeito coa nova criatura e esquece as complicacións.

Presentacioń dos candidatos de En Marea
Presentacioń dos candidatos de En Marea

O protagonista hoxe foi Luís Villares, ratificado como candidato co apoio de máis 86 por cento das persoas que votaron.  Este domingo fixo un alegato a prol da diversidade ideolóxica na confluencia. "Estes homes e mulleres representan a pluralidade, o multiculor e fan ruído, porque o que non fan ruído é a monarquía baltárica", presumiu.

O cabeza de cartel centrou nos conservadores a maioría dos seus ataques, especialmente contra o presidente. "Feijóo non vai seguir no Parlamento galego tras o 25 de setembro. Xa dixo que non ía seguir se non gobernaba e nós mandarémolo a Madrid, mandáremolo á Corte aínda que alí non o queiran", preveu.

Como era de agardar, no ámbeto interno Villares tentou pasar páxina tras as leas destas semana. "Unha palabra vale máis que mil imáxenes e hoxe a palabra é unidade", indicou. Na súa opinión, En Marea representa xa a maioría social polo que pronto se convertirá na maioría política.

O maxistrado en excedencia estivo acompañado por Antón Sánchez, de Anova, como número un pola Coruña, Carmen Santos, de Podemos, por Pontevedra, e Ánxeles Cuña, directora de Sarabela Teatro e ligada a EU, por Ourense.

Tamén acudiron outros persoeiros da confluencia, como Martiño Noriega ou Alexandra Fernández. Moitos dos focos foron para Xosé Manuel Beiras. O veterano líder de ANOVA dixo que malia non ser candidato vai deixar a pel na campaña. 

Pola súa banda a secretaria xeral de Podemos en Galicia e cabeza de lista de En Marea por Pontevedra, Carmen Santos, dixo que nunca dubidara que ao final formaría unha marea multiculor. Santos cre que tras o proceso de primarias aberto neste partido instrumental prodúcese "un punto de inflexión" para "alcanzar un resultado espectacular nos comicios galegos" e "botar aos corruptos".

O cabeza de lista pola Coruña, Antón Sánchez, fixou que "todo depende" de En Marea, pois o balance do goberno de Núñez Feijóo deixou "a destrución o emprego do sector agroforestal", o peche das caixas e "a emigración da xente nova". Así, denunciou que hai que "deixar o ruído" e "falar de futuro" para deixar que "a maioría social" mande.

Por Ourense, Ánxeles Cuña, presentouse como "unha recentemente chegada", á vez que celebrou o cumprimento dun dos principios fundamentais da formación: a participación. "Por encima das persoas está o que nos aglutina, o chamamento á confluencia, á xenerosidade", hase enorgullecido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

11 anonimo

Eu estou con Carmen Santos, o resultado vai ser espectacular...diverxemos no sentido dese resultado, eu creo que se van dar unha hostia coma un mundo...e a partir de aí, as acusacións mutuas e a explosión...e isto dio unha persoa que estaba na marea, e que antes votaba a Iu e a o BNG, dependendo....

10 O asistente de Echeniqui

Non se entende que os nacionalistas, que levan vinte anos baseando todas as suas ataques a Feijoo e Rajoy en que se son homosexuais, agora se fagan os ofendidos porque se diga que o seu candidato á Xunta, o señor Villares, é o que é.

1 Comunista

A nova estratexia do BnG (cans do PPPsoE) contra as Mareas é a homofobia?

9 Tres alcaldes inútiles

Queren ir contra Baltar agora? Pero se comparten sindicato de refernecia COMISIÓNS OBREIRAS.

8 O asistente de Echeniqui

Que pronlema hai con que Villares sexa gai? Tamén o son Paco Rodríguez, Néstor Regp ou Martito Noriega e non pasa nada.

1 Bufffff

Claro que non hai ningún problema se é certo. O problema está en selo e agachalo, no rollo vergonzante, en que o seu partido poña bandeiras multicolor nos concellos o Día do Orgullo como se estivese a favor dos grupos LGTBI de piquiño, pero que sexan outros, que se instrumentalicen os grupos LGTBI como monos de feira porque un candidato non pode dicir que é gay, que ten asociado o estigma de locas, de xente pouco seria, superficial, etc. O que doe é que se vaia de moderno, de defensor da igualdade... pero na práctica se sigan as regras da vella política: ningún candidato ten posibilidades de obter maioría absoluta se di que é gay. E claro que me jo de o estigma cara a unha orientación sexual tan normal como outra calquera, como se fora unha tara. Eu non digo que faga alarde como Callón, pero todos eses políticos que dis é notorio que o son e non o van agachando como se fose unha tara.

2 teutonio

Que problema hai en agochalo?, cada un escolle como vivir a súa orientación sexual e facela pública ou non. Iso forma parte da esfera privada de cada cidadán.

3 c2rx

Eu o primeiro que fago cando me entrevistan é dicir: son hetero. Para non agochalo. Non che f. Ninguén ten que dar información sobre a súa vida sexual, sexa hetero, homo ou asexuada.

4 eusi

A eiva realmente preocupante é a pitoñez autoimposta polos cornos tan grandes que lle saen aos carneiros, pola que se chega a denigrar ao contrario con tal de obter réditos electorais a calquera prezo: o problema é que non vos vai funcionar nesa carreira á desparición que ten emprendida o partido Cromañón

7 Bufffff

Bueno, bueno, a min todo iso non me importa nada. Eu quero saber cal é o programa para o colectivo LGTBI, e se o candidato revelou a súa orientación sexual, se é gay, transexual, heterosexual, bisexual ou intersexual.