Alcalde investigado pola Fiscalía será senador en breve

O PP de Vilalba vive unha gran revolución sen motivo aparente. O actual alcalde, Gerardo Criado, vai pasar a ser senador. Unha concelleira que é senadora, Sandra Vázquez, será probablmente deputada autonómica pois ocupa postos de saída na candidatura das eleccións de setembro. Un concelleiro que xa foi alcalde, Agustín Bahamonde, volverá a ser o primeiro edil, confirmando a teoría de quen é el quen en realidade move os fíos do partido na vila luguesa. A que se deben todos estes movementos?

Por Galicia Confidencial | Vilalba | 22/08/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Segundo o PP, son unha simple consecuencia en cadea da inclusión de Vázquez nas listas ao Parlamento de Galicia. SEgundo o PSOE de Vilalba, esta avalancha de cambios débese a instrución dun sumario declarado complexo -e que polo tanto botará moito tempo nos xulgados- a petición da Fiscalía polo Xulgado Nº1 de Vilalba. 

Candidatura do PP de Vilalba nas eleccións locais
Candidatura do PP de Vilalba nas eleccións locais

O sumario ao que fan referencia os socialistas foi aberto como consecuencia de varias denuncias interpostas diante da Fiscalía de Mondoñedo en 2013 e 2014. O leitmotiv das tres denuncias responde a “procedementos nos que entendemos que o goberno vilalbés puido ter vulnerado o ordenamento xurídico por presuntos delitos de prevaricación continuada, ao entender que determinadas accións e condutas se levaron a cabo con criterios alleos ao interese público”.

Nesta liña, relacionan a nomeada “revolución no goberno local vilalbés” cunha posible saída para “construír unha ponte de prata que acubille a Gerardo Criado no Senado”. Criado é o actual alcalde e o principal político no punto de mira das citadas denuncias. Ao dimitir Sandra Vázquez o alcalde pasaría a ser senador pois era o seu suplente nas listas do 26J e polo tanto Criado sería aforado. En consecuencia, os xulgados de Lugo terían que inhibirse a favor do Supremo, o que adiaría aínda máis a xa lenta instrución do caso. 

A revolución no PP de Vilalba conta coa luz verde do aparato provincial e autonómico. Elena Candia, presidenta provincial, acudiu á rolda de prensa na que se  explicou a operación para amosar o seu respaldo. Candia argumentou que os cambios prodúcense en perfecta harmonía, sen tensión internas, ao contrario do que sucede noutros partidos, en referencia ao rebumbio nas mareas e no PSdeG.

Gerardo Criado
Gerardo Criado
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 xDDDD

como dicía a canción: Y QUE MASS DAAA, SI SON COSAS DE LA EDAAAA!!!