O Teatro Colón suspende a representación de 'Rocking' por cambios na xira

Unha reestruturación na xira de 'Rocking' obrigou a modificar a oferta cultural do Teatro Colón o 1 de outubro, que ese día ofrecerá, no seu lugar, o último espectáculo de Moncho Borrajo, ¡Nai Miña! ¡Como está España!.

A CORUÑA | 22/08/2016 | Actualizada ás 13:48 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha reestruturación na xira de 'Rocking' obrigou a modificar a oferta cultural do Teatro Colón o 1 de outubro, que ese día ofrecerá, no seu lugar, o último espectáculo de Moncho Borrajo, ¡Nai Miña! ¡Como está España!.

Segundo informa, aquelas persoas que adquirisen entradas para ver 'Rocking' poden solicitar no prazo dun mes a devolución do importe pola mesma canle polo que a efectuo a compra, precisan dende o Teatro Colón.

Tras indicar que o cambio obedece a "motivos alleos" ao recinto teatral, subliña que se decidiu ofrecer ese mesmo día, as 20,30 horas, o novo espectáculo de Moncho Borrajo.

"Unha comedia na que volve ser Moncho Borrajo", engade en alusión ás súas propostas como "pallaso tenro, deslinguado, ácido, cariñoso, politicamente incorrecto e cantante", apunta.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta