Temas: PSDEG LEICEAGA

Feijóo insinúa que Caballero pode marchar do PSOE

O PP tira partido dos rebumbios socialistas. En Vigo, o alcalde di que o seu partido fixo algo inédito e inadmisible ao cambiar as listas. En Ourense, a secretaria provincial e número 5 confesa que se sinte absolutamente estafada.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/08/2016 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

A treboada no PSdeG non amaina malia a proximidade da campaña. O alcalde de Vigo segue moi enfadado porque o aparato estatal cambiou as listas de Pontevedra para incluír ao seu rival local, o seu sobriño Gonzalo Caballero. A pesar dos chamamentos á unidade ante o evidente desgaste  mediático, Abel Caballero non se vai calar. E tampouco os críticos de Ourense. Mentres, no PPdeG frótanse as mans.

O edil lembrou que a lista “liderada por Vigo” fora “pactada e dialogada” co aparato galego. Caballero di que logo foi “cambiada nos despachos, en contra das bases, en contra dos que gañaron as eleccións”. Para el isto supón un precedente inédito que pon en perigo o carácter “municipalista” do PSdeG.

O alcalde asegura que ninguén - nin o candidato nin a presidenta da xestora- falou con el para explicarlle porque pediron a Ferraz os cambios en virtude de “razóns que non entendo nin admito”. Caballero volveu a enarborar un discurso moi localista, lembrando que el critica ao goberno de España e da Xunta cando cre discriminan a Vigo, polo que agora fará o mesmo co seu partido por supostamente discriminar a capital olívica ao ascender a postos de saída ao líder do sector crítico, aliado local do candidato Xaquín Fernández Leiceaga.

Non pintan mellor as cousas para o PSdeG en Ourense, a outra provincia na que Madrid impuxo cambios nas listas.  María Quintas, a secretaria de organización provincial, dixo esta mañá que “nos sentimos absolutamente estafados e defraudados”. Ela foi unha das prexudicadas, ao caer do terceiro ao quinto posto. Quintas admite que “foi un disgusto a nivel personal” e arremete con dureza contra o seu partido: “parece que hai unha decisión de que os socialistas de Ourense non deben estar ou deben desaparecer”. Desafiante, Quintas lembroulle a cúpula do PSOE que en Ourense hai “un grupo de xente que non se vende por un postiño”.

En definitiva, que as polémicas de Vigo e Ourense non teñen visos de amainar. O candidato á Xunta parece tomalo con calma, evitando alimentar a polémica. Iso si, Xaquín Fernández Leiceaga aproveita para lanzarlle algún recado a Caballero. “Ao alcalde tamén e interesa que o PSOE teña un bo resultado en Vigo” espetoulle hoxe; antes de lembrar que todos teñen sitio na vida interna do partido aínda que non haxa prazas para todos nas candidaturas.

Mentres, o PP sorrí cada vez máis. Despois do enorme rebumbio nas mareas ao fío das dúbidas de Podemos e as primarias, agora o PSdeG é quen se enlama en discusións internas.

Hoxe Alberto Nuñez Feijóo comprometeu que o PP vaise centrar nas súas propostas de goberno e non vai perder nin un minuto nas leas doutros. Claro que deseguido dixo que os outros “se están a desesperar por evitar fugas no seu partido”. É dicir, dicindo entre liñas que a ira de Caballero pode ser tal que o alcalde decida rachar co PSOE.

Leiceaga e Caballero
Leiceaga e Caballero

Abel Caballero, alcalde de Vigo
Abel Caballero, alcalde de Vigo | Fonte: vigoalminuto.com
Temas: PSDEG LEICEAGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

8 Paco Vázquez Bis

É cousa miña ou o Caballero cada vez se parece máis a Paco Vázquez?

1 Cruña

Totalmente de acordo. Un infiltrado a quen lle votan tamen os do PP.-

7 KINO

Sodes unhos larpeiros, o primeiro o Leiceaga que e un cambia chaquetas é un trepa.

6 Gamela

todo vale en tempo de eleccións... curiosamente eso mesmo dixo Abel de Carlos Príncipe !!! onde as dan, as toman !!! pero non é preciso que Abel se pase ao PP (xa están de acordo) Senon que alguén me explique como foi posible aprobar os orzamentos do ano 2014 in extremis e pasando olímpicamente dos millóns de euros REGALADOS ás Empresas Cocesionarias en Vigo ! Levamos moitos anos aturando e picando no teatro político !!! O malo é que tamén a Marea de Vigo segue a mesma folla de ruta !!! Cobrar e mirar para outro lado... así non imos botar ao PP nunca na vida !!!!

1 Marcos Castelo

E que agardas do Rubén Pérez, un mantido en tódalas dimensións da verba. Está en política para come-lo caldo.

5 Amigos para siempre

Abel vai para o Partido Podre, de feito é parte dos intereses dos mesmos. E non descartedes que pronto sumen a Lores, que xa fixo méritos abondo: alcalde e concelleiros vitalicios, axuda a cadrar contas dos promotores dos touros, devece polos militares, trae ao príncipe do facherío Bertín Osborne en concerto, e aos 40 principales en Español (agárrense) na Praza de España (que hai curva!), na cidade persisten os símbolos fascistas (denunciado por incumprimento da Lei da Memoria Histórica), loita contra os comuneiros de Montecelo (segue a política expropiatoria do PP, recurrindo sentenzas e malgastando fondos públicos contra os veciños que pretenden garantizar o uso público do hospital), apoia e sustenta a Carmela Silva (a limpa socianalista de Abel)... Impostores hai en Vigo e na capital do Lérez!

1 La pastillita

Ibas bien hasta que dijistes que te mola Louzán loquito

2 Marcos Castelo

Pastillita, non hai como tapa-locu do Lores, nin recurindo ó castellano para despistar. Confirmo o dito polo que comentou antes, engadindo que a presentación do acto de Los 40 Principales, con uso exclusivo do castellano na noite dos mozos en Pontevedra, é repugnante. Lores e a vividora do aparato e das festas, Carme Da Silva, son os responsables. Igual de noxentos que o alcalde de Muiños e o de Salvaterra, coa diferencia de que ambos son do PP, o que lle tapa as travesuras do neno do Baltar e o casposo do peluquín, e en Pontevedra é do Beneguai, que guai.

4 sdrg

Hai marea...