Os servizos de emerxencias traballan o rescate dunha persoa ferida nunha praia de Ferrol

Os servizos de emerxencias traballan na tarde deste martes no rescate dunha persoa ferida nunha zona de difícil acceso da cala Ribeira de San Cristovo, en Ferrol.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2016 | Actualizada ás 19:37 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias traballan na tarde deste martes no rescate dunha persoa ferida nunha zona de difícil acceso da cala Ribeira de San Cristovo, en Ferrol.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, a voz de alarma deuse sobre as 17,30 horas e solicitáronse medios para rescatar unha persoa ferida nunha zona moi rochosa e de difícil acceso desta cala ferrolana.

No operativo participan os Bombeiros de Ferrol, a Garda Civil, a Policía Nacional e Protección Civil por terra, así como persoal sanitario. Por mar opera o servizo de Gardacostas e a Garda Civil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta