Rescatan unha moza que sufriu un accidente nunha zona de difícil acceso en Lobios (Ourense)

Unha moza resultou ferida tras sufrir un accidente nunha zona de difícil acceso na localidade ourensana de Entrimo, polo que tivo que ser rescatada polo Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) de Lobios (Ourense).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2016 | Actualizada ás 19:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha moza resultou ferida tras sufrir un accidente nunha zona de difícil acceso na localidade ourensana de Entrimo, polo que tivo que ser rescatada polo Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) de Lobios (Ourense).

O incidente produciuse na tarde este martes nunha zona próxima ás piscinas de Pazín, en concreto, nunha coñecida como a 'Poza da Oliña', segundo informou o CAE 112 Galicia.

Unha amiga da ferida chamou aos servizos de emerxencia alertando de que a moza tiña un pé fracturado. Unha vez localizada, a moza foi trasladada por Urxencias Médicas a un centro hospitalario.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta