Comparte esta noticia

Un total de cinco integrantes da candidatura do PSdeG pola provincia de Pontevedra renunciou a formar parte desta no medio da polémica aberta tras os cambios nos nomes por parte de Ferraz. Tras comunicalo á dirección do partido, a lista inscrita ante a xunta electoral xa incluía aos seus relevos.

José Ángel Santoro, do PSOE de Vigo
José Ángel Santoro, do PSOE de Vigo

En concreto, segundo fontes socialistas consultadas por Europa Press, as cinco baixas producíronse en postos non considerados de saída, a partir do número 10.

Trátase de Bárbara Domínguez, de A Guarda, que concorría como número 10; do vigués José Ángel Santoro, que figuraba inicialmente no número cinco pero caeu ata o 11 na lista definitiva; e do exconcelleiro en Ponteareas Delfín Domínguez, situado no 13.

Ademais, José Antonio Cid Novoa, dirixente en Cangas que ocupaba o número 15, tomou a mesma decisión de saír da lista que Isaac Araújo, de Redondela e incluído no posto 17.

Os seus lugares foron cubertos con Yolanda Rodríguez, de Tui e exmembro da dirección galega do partido; José Antonio Doo, exalcalde de A Estrada; o lalinense José Armando Cristóbal Fernández; o exlíder dos socialistas de Pontevedra José Antonio García Lores 'Cáceres'; e Ezequiel Fernández Cancelas, de Moaña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 abelapodre

ao abel caballero, triste imitador do funesto pacochet, so lhe falta pedir a embaixada do vaticano. pra umha vez q o psdeg escolhe um candidato com visiom de pais , os espanholistas boicoteam-no. que magoa de quinta-colunistas.

4 OArquiveiro

Renuncian afíns a Caballero que non tiñan postos de saída, Losada non di nada ó respecto.

3 Galiza para os galegos

Eu xa dixen que leite augada non era cousa boa... e unha fraccion minoritaria imposta a sangue e lume no pe$oe expañol para pactar coa suposta merdeyha podreiros pero agora esto xa e falso pois podreiros prefire un goberno do pp a unha alternativa... PODREIROS-VIEIRISMO E PP NO GOBERNO, si votan a todo esto sera expaña sera o xuiz de podreiros do constitucional condeaba os obreiros e traballadores e lles decia coa constitucion todo sin a constitucion nada... NON A EXPAÑA ...

2 Merucu Xusticieru

As liortas Mareas-Podemos e as disputas internas do PSOE fanlle a campanha ao PP: Feijoo encantado....

1 Gamela

Festa Rachada en Ferraz !!! Tartazos a Pedro Sánchez a partires das 2 da mañá...?