O PSdeG di que Vigo ten os mesmos postos que na proposta inicial, que "non respectou" o voto das bases

Un dos vogais da xestora do PSdeG, Modesto Pose, saíu este martes ao paso das críticas verquidas polos dirixentes do seu partido en Pontevedra a raíz dos cambios nas listas e fíxoo replicando que o procedemento establecido confire aos órganos superiores e ao candidato a potestade de introducir cambios.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2016 | Actualizada ás 21:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un dos vogais da xestora do PSdeG, Modesto Pose, saíu este martes ao paso das críticas verquidas polos dirixentes do seu partido en Pontevedra a raíz dos cambios nas listas e fíxoo replicando que o procedemento establecido confire aos órganos superiores e ao candidato a potestade de introducir cambios.

"Todo o procedemento se respectou de forma escrupulosa", sostivo, en declaracións a Europa Press, para recordar que o aparato do PSOE en Pontevedra "non respectou" os votos dos militantes nas súas agrupacións. "E non o criticamos, porque as direccións provinciais teñen competencia para facer unha proposta de lista ordenada segundo os seus criterios", argumentou, para desmentir así que Ferraz desoíra a vontade dos afiliados.

Como exemplo diso, apuntou que o vilagarciano Xullo Torrado (actualmente no número tres) recibiu 163 votos e, non obstante, non foi incluído na proposta provincial. En cambio, si o foi --recordou-- a dirixente en Meis Marta Giráldez, con 92 apoios dos seus compañeiros de filas.

Máis alá diso, en resposta ás críticas sobre o escaso peso de Vigo na candidatura pontevedresa, indicou que a cidade olívica conserva os mesmos postos que na lista referendada polo comité provincial, pois Abel Losada --de máxima confianza do rexedor vigués-- continúa en primeiro lugar e Gonzalo Caballero ocupa o quinto tras relevar a José Ángel Santoro. Ademais, outras fontes recordaron que son "os mesmos" lugares que en 2012.

En canto ás renuncias a formar parte da candidatura, o histórico socialista restou importancia a decisións que poden deberse a "cuestións persoais" de persoas que concorren nos últimos postos. "Sempre pasou", minimizou, sobre todo á vista de que Abel Losada se mantén como cabeza de lista.

Dito isto, Pouse Mesura apelou aos seus compañeiros de partido a "traballar" para ofrecer aos galegos "unha alternativa" ao PP de Alberto Núñez Feijóo e lograr que estea encabezada polo PSdeG. "Se alguén está noutra cousa, alá a súa responsabilidade", resolveu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta