Galicia seguirá en alerta polas altas temperaturas

As temperaturas poderán rozar os 40 graos en varias comarcas do país durante a tarde do mércores. Para o xoves agárdase menos calor.

Por E.P. | OURENSE | 24/08/2016 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

Un total de 19 provincias están este mércores, 23 de agosto, en alerta por altas temperaturas que alcanzarán os 38 graos de máxima nalgunhas zonas, entre elas Ourense, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

Mapa das alertas meteorolóxicas para o mércores
Mapa das alertas meteorolóxicas para o mércores | Fonte: Meteogalicia

En concreto, Córdoba, Jaén, Zaragoza, Cantabria, Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Valladolid, Zamora, Navarra, Badajoz, Cáceres, Ourense, Álava, Vizcaya e Guipúzcoa estarán en alerta amarela (risco) por altas temperaturas. Así mesmo, Cádiz tamén o estará por forte ondada e ventos próximos aos 80 quilómetros por hora.

Por outro lado, no cuadrante noroeste peninsular prevese nubosidade con posibilidade de chuvascos e treboadas, que serán máis probable no interior de Galicia e nas montañas de Asturias e do norte de León. Do mesmo xeito, espérase anubrado ao norte de Canarias. Ao contrario, no resto da Península hai prognóstico de pouco anubrado ou despexado, con algún intervalo nubrado na área do Estreito e Alborán a primeiras horas.

Con respecto ás temperaturas, irán en descenso no Cantábrico e illas occidentais de Canarias e en ascenso no oeste de Galicia. No resto do territorio haberá poucos cambios.

Finalmente, os ventos soprarán fortes en Cádiz e na área do Estreito, de compoñente norte no litoral de Galicia e Canarias, de compoñente este na área mediterránea e val do Ebro e frouxos de dirección variable no interior peninsular.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta