Uxía e Javier Ruibal pecharán este día 25 os 'Xoves de Códax'

Uxía pechará este xoves, 25 de agosto, por quinto ano consecutivo o ciclo de concertos 'Xoves de Códax' acompañada de Javier Ruibal na localidade de Cambados (Pontevedra).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2016 | Actualizada ás 16:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Uxía pechará este xoves, 25 de agosto, por quinto ano consecutivo o ciclo de concertos 'Xoves de Códax' acompañada de Javier Ruibal na localidade de Cambados (Pontevedra).

Segundo informou a Adega Martín Códax "será unha cita moi especial, non só porque porá fin ao V Aniversario dos Xoves de Códax, senón tamén pola complicidade destes artistas que vén de hai tempo".

"Unha oportunidade para cativar o público co seu carisma e as súas poderosas armas de sedución musical acompañados ambos os dous polo virtuosismo e talento do multiinstrumentista brasileiro Sérgio Tannus", explicaron os organizadores.

Os beneficios das entradas destínanse nesta ocasión á Fundación Andrea, ao servizo dos nenos con enfermidades de longa duración a través da atención e o apoio económico, moral, informativo ás familias.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta