A UPG fai unha lectura electoral galega do veto a Otegi

A principal formación dentro do Bloque argumenta que a prohibición contra o líder vasco demostra que o nacionalismo é a verdadeira vía de ruptura co actual réxime.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/08/2016 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

UPG, o partido máis numeroso dentro do Bloque, fai unha lectura electoral en clave galega da decisión da Xunta Electoral de impedir a participación de Arnaldo Otegi como candidato de EH Bildu. Na súa opinión, “o Estado acaba de certificar, máis unha vez, que o voto ao nacionalismo é o que realmente lles doe”.

O BNG foi o único partido galego en tratar de por a cuestión de Otegi no primeiro plano do debate político, en termos moi similares aos que agora expresa nun comunicado a UPG.

O partido que lidera Néstor Rego argumenta que coa decisión xudicial “fica claro que o obxectivo principal do aparello do Estado é tentar frear o avance do nacionalismo e do soberanismo por ser o verdadeiro elemento de ruptura política”. Fronte a esta suposta persecución, o partido comunista prevé  que o voto soberanista vai aumentar en Cataluña, Euskadi e Galicia. A UPG expresa a súa “plena solidariedade” co ex-recluso.

Néstor Rego no Congreso da UPG en maio de 2016 en Pontevedra
Néstor Rego no Congreso da UPG en maio de 2016 en Pontevedra | Fonte: Adian R. Twitter

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Gamela

Este "nacionalismo" é únicamente o que Paco ten na cabeza ou hai alguén máis disposto a seguir o camiño do martirio ? Hoxe vin unha exposición das Irmandades da Fala (na Fundación Barrié en Vigo) e mira tí por onde Vicente Risco ocupaba un lugar destacado ... Se fora Paco Rodríguez o comisario da exposición seguramente Risco estaría fóra ou rodeado de esvásticas nazis... coma figura nalgúns libros de texto UPG ? Canta trapallada para ROMPER A UNIDADE contra o PP en Galicia !!! UPG DISOLUCIÓN XA !!! http://www.galiciaconfidencial.com/...

1 Ted Flanders

Pobre F.Rodríguez! o que hai que ouvir.....trinta anos ou mais ca mesma leria!!! menos mal que ten moito sentido do humor e rise moito cas vosas parvadas....Qué tal se comprades unha vida propia e vos poñedes a vivir nela porque polo que ollase por aquí e por alá non sodes quén de ter unha idea propia que non seña importada dalgunha facultade de CC.Políticas alén do telón de Grelos!!!!! e sí, efectivamente....Fu man chú , o doctor maligno, octopus, Drácula, o home lobo e lex luttor xunto con F.Rodríguez comparten o Comité Central da UPG!!! .....anda.....leede...ou aproveitade o verán para ilustraros con "cuadernillo rubio"

2 Gamela

terá o que tí queiras... pero o sentido do humor de Paco será na INTIMIDADE ou...?

1 Independentista liberal-sociaI

Pois na época do Bipartito ou do BNG de Beiras a UPG falaba máis de "estado federal", "Estatuto de Nación", reforma do artigo VIII da CE..., pero non de proceso constituinte. Parece que con tal de diferenciarvos das "confluencias", facedes o que faga falta. E ollo, En Marea non é santo da miña devoción tampouco.