Compromiso por Galicia propón acabar co "monopolio nas concesións da ITV"

O candidato á Presidencia da Xunta por Compromiso de Galicia, Xoán Bascuas, propuxo acabar co "monopolio nas concesións da Inspección Técnica de Vehículos (ITV)" e presentar outras alternativas que permitan "unha mellora do servizo, unha maior concorrencia e xeración de emprego".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2016 | Actualizada ás 11:56 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O candidato á Presidencia da Xunta por Compromiso de Galicia, Xoán Bascuas, propuxo acabar co "monopolio nas concesións da Inspección Técnica de Vehículos (ITV)" e presentar outras alternativas que permitan "unha mellora do servizo, unha maior concorrencia e xeración de emprego".

Segundo trasladou a formación política este xoves a través dun comunicado, o tamén secretario xeral fixo estas declaracións tras unha reunión con representantes da federación de asociacións veciñais de Lugo. Así mesmo, acompañárono os candidatos Juan Carlos Piñeiro Docampo e Luís Rubal.

Pola súa banda, Bascuas comprometeuse a dar cabida a "un cambio do modelo do servizo de ITV" xa que asegurou que, concretamente na provincia de Lugo, teñen a inspección "máis cara do estado". Deste modo, animou aos lucenses a que o próximo 25 de setembro voten para "cambiar as cousas".

"Lugo padece un atraso secular en comunicacións e necesita un revulsivo con xente comprometida", engadiu o candidato.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta