A CRTVG só dará voz no debate electoral a PP, PSdeG, BNG, En Marea e Ciudadanos

A Compañía de Radio e Televisión de Galicia emitirá o 12 de setembro o debate dos candidatos das "forzas significativas" que se presentan ás eleccións autonómicas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2016 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

A Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) ofrecerá un debate entre os cinco candidatos que optan á Presidencia da Xunta das "forzas significativas" que se presentan ás eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro. O debate será emitido en directo e simultaneamente na Televisión de Galicia (TVG) e na Radio Galega (RG) o 12 de setembro, en horario de máxima audiencia.

Sala de control da TVG
Sala de control da TVG | Fonte: CRTVG.

Segundo trasladou este xoves a compañía, os chamados a participar neste encontro con "igualdade de tempo" son os aspirantes polo PPdeG, PSdeG, BNG, En Marea e Ciudadanos, formación, esta última, que non ten ningunha representación na Cámara galega.

Ao respecto, a CRTVG xustifica esta elección por tratarse das organizacións que xa obtiveron representación nas anteriores eleccións autonómicas e volven presentarse ou que, segundo o criterio da Xunta Electoral, teñen carácter de "forzas políticas significativas", deixando fóra a outras formacións minoritarias pero con aspiracións a obter representación no Parlamento galego

Así mesmo, concretou que a cita terá lugar nos estudios da Televisión de Galicia en San Marcos, na capital galega, e convidou no mesmo escrito os representantes destes grupos a realizar un encontro de traballo previo para negociar os diversos aspectos do debate.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 LKI

Se reparamos nas tendencias de voto das recentes citas electorais, ten máis posibilidades de entrar no Hórreo o PaCMAn dos animalistas que o BeNeGá dos autonomistas. As cousas como son.

5 Ted Flanders

Qué quieres que te diga......a mí ciudadanos me pone!!! con ese grupiño de guapitos y guapitas tipo falange española de la jons....casi tan modernillo como Anueva, Puedemos y Izquierda Unida de España (y olé!) es más el presidente de la Junta tendría que ser alguien con nombre catalán como Albert, Jordi o así.......

4 Laura Entenza

Que pinta C's no debate, á parte de expor posturas tan españoleiras e ultracapitalistas que deixen a Feijoo como un moderado, en comparación? C's xamais tivo representación no Hórreo e tampouco a ten por Galicia en ningunha das cámaras madrileñas. Só deben participar PP, PSOE, BNG e En Marea (lexítimo herdeiro de AGE). En caso contrario, habería que abrilo ao PACMA, CxG...

1 Fernando G.

Ni PACMA ni CXG tienen la más mínima posibilidad de tener representación en el Horreo. Ciudadanos la tendrá con toda seguridad. Lo penoso es que acuda el BNG, un partido en trance de desaparición.

3 Xesús

A que vos referides con "só"? A quen máis tiña que dar? Non hai ningunha formación máis en Galicia que teña unha representación institucional destacada nin se albisque que poida tela

2 twx4

Deixa que vaia a Cristina Losada, e dirá unha frase en castelán e outra en castrapo.