Sanmartín (BNG) ve "insuficiente" un só debate cos candidatos e pide "un cara a cara" entre Feijóo e Pontón

A vicepresidenta da Deputación da Coruña e membro da Executiva nacional do BNG, Goretti Sanmartín, congratulouse pola proposta da Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) de ofrecer un debate entre cinco candidatos á Presidenta da Xunta, aínda que considerou "insuficiente" a proposta.

A CORUÑA | 25/08/2016 | Actualizada ás 12:58 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A vicepresidenta da Deputación da Coruña e membro da Executiva nacional do BNG, Goretti Sanmartín, congratulouse pola proposta da Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) de ofrecer un debate entre cinco candidatos á Presidenta da Xunta, aínda que considerou "insuficiente" a proposta.

A preguntas dos xornalistas, tras a sinatura dun convenio co alcalde de Santiago, Martiño Noriega, destacou a "resposta tan rápida" da CRTVG á súa demanda de que se celebrasen debates, pero cualificou de "insuficiente" que sexa un, o 12 de setembro e en horario de máxima audiencia.

En concreto, pediu que haxa "unha dobre volta" coa celebración de dous debates e que se celebren tamén no ámbito provincial.

DEBATE CUNHA "FEMINISTA"

Ademais, reclamou un "cara a cara" entre "unha feminista", en alusión á candidata do BNG Ana Pontón, e o candidato do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

"Non sabemos por qué Feijóo quere fuxir e non dar a cara", insistiu ao asegurar que, con este debate, se porían "en evidencia as políticas que están a rematar con este país", apostilou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta